jueves, 28 de octubre de 2010

COMENZA A COMPETICIÓN

Este fin de semana no Pavillón Municipal do Pombal comenza a nova temporada para o equipo de voleibol de Cambados. O triple enfrentamento coas rivais do Comercial Durán de Pontevedra nas Ligas Galegas Infantís, Xuvenís e 2ª na tarde do sábado xunto co enfrentamento das cadetes co Liceo La Paz de A Coruña na mañá compón o menú de partida para un clube que se propón manter ós seus catro equipos cabeceiros na máxima categoría do voleibol galego.

Tras dous meses de adestramentos chega o momento da competición. Lamentamos as lesións de Fuensanta Buceta (colocadora titular das cadetes) e Sofía Fernández (central titular das xuvenís), pero isto non é excusa para afrontar os primeiros partidos con garantías.

O sábado 30 ás 12:30 enfrentarémonos ó Liceo La Paz, que foi segundo na Liga Galega Infantil pasada, sendo o XAV Cambados terceiras no Campeonato. Un rival difícil para a primeira xornada da Liga Galega Cadete, que xogaremos coa base das xogadoras do equipo infantil do ano pasado. Oito xogadoras de primeiro ano e catro de segundo compoñen o equipo.

As 16:30 o equipo infantil enfróntase ó Comercial Durán. Veremos cómo se resolve a incógnita de ver debutar na máxima categoría a todo o equipo.

As xuvenís xogan as 18:00 contra as pontevedresas que foron rivais o ano anterior na loita polo ascenso que acadou o XAV Cambados. Prevese un partido intenso con poucas diferencias.

O mesmo se pode dicir do partido das xogadoras senior. O Comercial Durán pode ser un rival asequible se se xoga o cento por cento. Esperamos contar coa presencia da nova xogadora do XAV, a americana Alex Healey. Veremos o que ocorre a partir das 20:00 no Pavillón do Pombal.

sábado, 2 de octubre de 2010

CALENDARIO PROVISIONAL DE LIGA


Segundo o recibido da Federación os nosos calendarios poderían quedar así:

CALENDARIO DE LIGA PROVISIONAL

XORNADA 1 30/10/2010 XORNADA 10 29/01/2011

2º A XAV Cambados Comercial Durán

LGX XAV Cambados Comercial Durán

LGC XAV Cambados Zalaeta

LGI XAV Cambados Comercial Durán

XORNADA 2 06/11/2010 XORNADA 11 05/02/2011

2º A CD Conxo XAV Cambados

LGX Turismo de Vigo XAV Cambados

LGC Turismo de Vigo XAV Cambados

LGI Turismo de Vigo XAV Cambados A

XORNADA 3 13/11/2010 XORNADA 12 12/02/2011

2º A XAV Cambados Calasancias Coruña B

LGX XAV Cambados Calasancias Coruña

LGC XAV Cambados Calasancias Coruña

LGI XAV Cambados A Calasancias Coruña

XORNADA 4 20/11/2010 XORNADA 13 19/02/2011

2º A San Sadurniño XAV Cambados

LGX San Sadurniño XAV Cambados

LGC Voleibol Dumbria XAV Cambados

LGI Manuela Rial XAV Cambados A

XORNADA 5 27/11/2010 XORNADA 14 26/02/2011

2º A XAV Cambados Ojea Boiro Voleibol

LGX XAV Cambados Ribeira Sacra

LGC XAV Cambados Ribeira Sacra

LGI XAV Cambados A Ribeira Sacra A

XORNADA 6 11/12/2010 XORNADA 15 05/03/2011

2º A Autos Rico UDC A XAV Cambados

LGX IES Ames XAV Cambados

LGC IES Ames XAV Cambados

LGI Liceo La Paz XAV Cambados A

XORNADA 7 18/12/2010 XORNADA 16 12/03/2011

2º A XAV Cambados Dompa Gestión

LGX XAV Cambados CVO Divina Pastora A

LGC XAV Cambados CVO Divina Pastora A

LGI XAV Cambados A CVO Divina Pastora

XORNADA 8 15/11/2011 XORNADA 17 19/03/2011

2º A Voley Arteixo XAV Cambados

LGX Zalaeta XAV Cambados

LGC Liceo La Paz XAV Cambados

LGI CV Noia XAV Cambados A

XORNADA 9 22/01/2011 XORNADA 18 26/03/2011

2º A Emeve Lab. Nupel B XAV Cambados

LGX Emeve Laboratorios Nupel XAV Cambados

LGC Emeve Laboratorios Nupel XAV Cambados

LGI Emeve Laboratorios Nupel XAV Cambados A

viernes, 1 de octubre de 2010

NOVA TEMPORADA 2010-2011


Estamos á espera de coñecer os calendarios das distintas ligas. De momento, só temos os equipos inscritos.