jueves, 25 de septiembre de 2014

COPA FEDERACIÓN E COPA PROMESAS



O pasado fin de semana arrincou unha nova edición da Copa Galicia, que este ano, ademáis, se actualiza reservando a súa denominación tradicional para os equipos nacionais e incorporando dúas novas competicións: a Copa Federación para as Segundas Divisións Autonómicas e Xuvenís e a Copa Promesas, para cadetes e infantís.

Na mañá do sábado pasado, celebrouse no Paco Paz a primeira xornada da Copa Federación feminina e o equipo local logrou impoñerse tras vencer os seus dous partidos. Ao Caldaria Voleyourense  ségueno na clasificación provisional o CV Pontevedra e o CV Zalaeta, cun partido gañado cada un. Tanto as coruñesas como as do Lérez, venceron ao XAV Cambados que marcha en cuarta posición. Este fin domingo segue a competición na cancha do PM Sagrada Familia de A Coruña.



O grupo A da Copa Promesas celebrouse no Pavillón de Santa Cecilia en Narón, co Emevé como gran triunfador tras superar ó noso equipo cadete  XAV Cambados A, segundo cunha vitoria e ao Narón Volea, que remataba en terceira posición.
Infantís en Boiro        twitteada por C.V. Boiro

No Pavillón da Cachada en Boiro disputábase ao longo de toda a xornada, o Grupo C da competición feminina, na que o equipo local se impoñía, superando os tres partidos disputados. En segunda posición deste apartado rematou a concentración o Caldaria Voleyourense (con dúas vitorias), seguido do XAV Cambados B (unha vitoria) e o CV Pontevedra B. Tanto o XAV como o Pontevedra (equipos infantís) tiveron unha loita desigual contra equipos cadetes que lles superaban en idade, poderío físico e técnico.

Os nosos dous equipos quedaron encadrados no Grupo Verde que se disputará o sábado á mañán no Pavillón da Pinguela en Monforte de Lemos.