sábado, 24 de julio de 2010

TORNEO DE VOLEI-PRAIA




Co patrocinio do Concello de Cambados, o Clube Voleibol XAV Cambados organiza para o próximo mércores 28 de Xullo unha xornada recreativa-deportiva co Torneo de Volei-Praia a celebrar na praia de San Tomé.
O torneo xogarase no formato 3x3 aínda que os equipos deberán estar compostos por catro membros e ademáis deberán ser mixtos ( en idade e sexo).
A competición que comenzará ás dez da mañá, abarcará a xornada matinal e continuará ás cinco da tarde ata o remate de tódolos partidos.
Animamos a comunidade deportiva de Cambados e arredores a participar nesta nova edición do torneo.
Haberá trofeos para os mellores equipos, aínda que gañar neste caso non é o máis importante.
A inscripción é gratuita chamando ó teléfono 648 090795.