viernes, 20 de diciembre de 2013

11ª xornada de liga


Este sábado día 21 os nosos equipos disputarán no Alonso Rodríguez de Noia a última xornada da primeira volta. As cadetes e xuvenís xogan contra outro equipo que leva varias derrotas consecutivas; as infantís poden seguir anotándose unha nova vitoria. Estes son os horarios:

FISIOTERAPIA CINESIA-A SOLUCIÓNS NOIA - XAV CAMBADOS

Infantil  e xuvenil : 11:00

Cadete : 12:30


As senior desprázanse a Coruña. Xogan ás cinco da tarde contra o Universidade da Coruña. Difícil papeleta para intentar igualar vitorias e derrotas, (4-5) ata agora.

Resultados e crónica da 10ª XORNADA de Jorge Ferreiro




Resultados e crónica da 10ª XORNADA da Liga Galega de Voleibol de Jorge Ferreiro.

DOMPA OURENSE - XAV CAMBADOS.


Vimos cun sabor agridoce das terras ourensanas.

No primeiro partido disputado polas nosas cadetes, malia os seus intentos de afogar ao equipo contrario con excelentes bloqueos e mellores remates, as cadetes caeron cun resultado de 3-0 (25-18/25-16/25-21) que non reflicte o xogo realizado polas nosas.

Ao contrario que nosas infantís que gañaron por un contundente resultado de 0-3.
As máis pequenas da liga galega dedicáronse a asfixiar ao contrario non dándolle opcións para unha posible remontada (15-25/21-25/19-25) ao equipo da capital de Ourense.

Outra cara positiva da xornada, mentres se disputaba o partido infantil, na segunda división A, as seniors facían o seu e gañaban ao equipo senior do Dompa por outro contundente 0-3 (20-25/20-25/18-25). Clara superioridade do Xav Cambados que dominaron todo o partido con excelentes xogadas ensaiadas que doblegaron ao equipo local.

Este equipo non ten xuvenís, polo cal as nosas non viaxaron.


miércoles, 11 de diciembre de 2013

RESULTADOS 9ª XORNADA



Foto de Miguel Prego



RESULTADOS 9ª XORNADA (Crónica de Jorge Ferreiro)

Nesta 9º xornada o equipo senior do XAV Cambados perdeu nun partido duro. As nosas conseguiron loitar polos sets dunha forma espectacular, pero non puideron superar a un acertado contrincante,o Caldaria Voleyourense,  caendo por un aparentemente amplo resultado de 3-0 (20/25-21/25-21/25) con marcadores axustados.

Posteriormente, comezamos coa agradable sorpresa da vitoria das nosas infantís por un contundente 3-1. Comezaron con dúbidas perdendo o primeiro set por 23-25. Pero a continuación as nosas pequenas comezaron unha reacción excelente gañando os tres seguintes sets por 25/15, 25/18 e 25/13. O marcador plasma a superioridade do XAV Cambados infantil feminino.

A continuación tocoulles a quenda ás cadetes que non puderon facer máis ante un Caldaria Voleyourense claramente superior, sen deixar de dicir que nosas cadetes intentárono de todas as formas posibles cedendo nos tres sets por uns tanteos de 13/25, 20/25 e 12/25.

E para finalizar nosas xuvenís foron incapaces, aínda que cun gran esforzo, de superar ás xuvenís do equipo ourensán .  3-0 (20/25, 14/25 e 13/25) foi o resultado final do partido.

Na  10ª xornada desprazarémonos todas as categorías, excepto as xuvenís que aprazaron o seu partido co C.V. Santiago, a Ourense para xogar contra o outro  equipo daquelas terras, o Dompa Ourense.