viernes, 20 de diciembre de 2013

Resultados e crónica da 10ª XORNADA de Jorge Ferreiro




Resultados e crónica da 10ª XORNADA da Liga Galega de Voleibol de Jorge Ferreiro.

DOMPA OURENSE - XAV CAMBADOS.


Vimos cun sabor agridoce das terras ourensanas.

No primeiro partido disputado polas nosas cadetes, malia os seus intentos de afogar ao equipo contrario con excelentes bloqueos e mellores remates, as cadetes caeron cun resultado de 3-0 (25-18/25-16/25-21) que non reflicte o xogo realizado polas nosas.

Ao contrario que nosas infantís que gañaron por un contundente resultado de 0-3.
As máis pequenas da liga galega dedicáronse a asfixiar ao contrario non dándolle opcións para unha posible remontada (15-25/21-25/19-25) ao equipo da capital de Ourense.

Outra cara positiva da xornada, mentres se disputaba o partido infantil, na segunda división A, as seniors facían o seu e gañaban ao equipo senior do Dompa por outro contundente 0-3 (20-25/20-25/18-25). Clara superioridade do Xav Cambados que dominaron todo o partido con excelentes xogadas ensaiadas que doblegaron ao equipo local.

Este equipo non ten xuvenís, polo cal as nosas non viaxaron.


No hay comentarios:

Publicar un comentario