miércoles, 11 de diciembre de 2013

RESULTADOS 9ª XORNADA



Foto de Miguel Prego



RESULTADOS 9ª XORNADA (Crónica de Jorge Ferreiro)

Nesta 9º xornada o equipo senior do XAV Cambados perdeu nun partido duro. As nosas conseguiron loitar polos sets dunha forma espectacular, pero non puideron superar a un acertado contrincante,o Caldaria Voleyourense,  caendo por un aparentemente amplo resultado de 3-0 (20/25-21/25-21/25) con marcadores axustados.

Posteriormente, comezamos coa agradable sorpresa da vitoria das nosas infantís por un contundente 3-1. Comezaron con dúbidas perdendo o primeiro set por 23-25. Pero a continuación as nosas pequenas comezaron unha reacción excelente gañando os tres seguintes sets por 25/15, 25/18 e 25/13. O marcador plasma a superioridade do XAV Cambados infantil feminino.

A continuación tocoulles a quenda ás cadetes que non puderon facer máis ante un Caldaria Voleyourense claramente superior, sen deixar de dicir que nosas cadetes intentárono de todas as formas posibles cedendo nos tres sets por uns tanteos de 13/25, 20/25 e 12/25.

E para finalizar nosas xuvenís foron incapaces, aínda que cun gran esforzo, de superar ás xuvenís do equipo ourensán .  3-0 (20/25, 14/25 e 13/25) foi o resultado final do partido.

Na  10ª xornada desprazarémonos todas as categorías, excepto as xuvenís que aprazaron o seu partido co C.V. Santiago, a Ourense para xogar contra o outro  equipo daquelas terras, o Dompa Ourense.

No hay comentarios:

Publicar un comentario