martes, 19 de mayo de 2009

FINAL PROVINCIAL ALEVÍN E BENXAMÍN



Houbo unha modificacion no calendario ao incluir a ultima hora aos equipos do colexio Coutada que nun principio tiñan problemas para asistir. Os horarios do autobús quedan como estaban.


Achégovos o cadro de encontros da Final provincial alevín e benxamín de
Pontevedra que se celebrará o vindeiro sábado 23 de maio no Pavillón do
Colexio 6 do Nadal de Vigo. Haberá alguns cambios na regulamentación
como que os encontros xogaranse por tempo (15 min no caso dos alevíns e
12 min nos benxamins) e que estará limitado a 3 o número de saques
seguidos que pode facer un mesmo xogador.


O autobús fará as seguintes paradas:
- 09:00 Saída do concello de Cambados (equipos alevín e benxamín do XAV)
- 09:15 Diante do Hotel La Terraza de Sanxenxo (recoller o equipo
alevín do CV Dorrón)
- 09:45 Diante da cafetería "O Cafetín" en Pontevedra (equipos alevín e
benxamín do C. Durán)
- 10:15 Chegada ao Colexio 6 do Nadal de Vigo

A hora de regreso está prevista para as 13:30.

No hay comentarios:

Publicar un comentario