lunes, 14 de diciembre de 2009

CRÓNICA DA XORNADA

Foi este finde moi movido para o noso clube, pois agás as Cadetes B e as pequechiñas, xogaron tódolos nosos equipos e a verdade é que o balance foi bastante positivo: de 7 partidos xogados só se perderon 2. A mágoa é que un deses dous encontros foi no que disputabamos a final do play off para xogar a segunda fase da liga galega cadete.



Comezamos a xornada do sábado ben cediño, ás 8:30 partía o bus da praza do concello cara a Noia coas xogadoras do Infantil B e parte da cadro xuvenil que tamén xogaba pola mañá contra as noiesas. E, nada máis chegar ao pavillón, o equipo de Paula Rial tivo que saír á cancha a xogar o primeiro encontro contra un Comercial Durán que nos puxo as cousas un pouco máis complicadas do que agardabamos. O partido resolveuse na morte súbita e gañamos 3-2. De seguido xogaron xa contra o Rianxo sen ter tempo sequera a tomar un refrixerio... Este segundo encontro perdeuse por un contundente 3-0, pero as nosas rapazas nunca guindaron a toalla e loitaron ata o final.



Mentras nunha pista paralela daba comezo o partido das xuvenís que acadaron unha nova vitoria contra o C. V. Noia ( 0-3 ) e manteñen deste xeito a 2ª praza empatadas co Ames. Volveron fallar algunhas xogadoras polo que Dani Varela só contaba cun cambio; aínda así non tiveron moitos problemas para vencer ao seu rival. Xogaron Isa, Leti, Tania (capitá), Valen, Selemne, Sofía, Andrea e Ana ( líbero ).



Xa ás 20:30 da noite xogaron as sénior, e aínda que cada vez son máis as baixas que sofre o equipo, acadaron unha nova vitoria diante do Maniotas de Cangas un equipo, que polo de agora, apretou máis ás nosas xogadoras pois os parciais foron os máis axustados no que vai de competición: 25-20, 25-20 e 25-22. Pero malia todo as nosas compañeiras seguen sen ceder un só set. Esperemos que sigan así...!



O domingo tiñamos en xogo dúas competicións: a Infantil da galega no que as nosas xogadoras xa non se xogaban nada pois xa estaban clasificadas como segundas de grupo e o resultado do partido non influiría nesta clasificación, pero aínda así as xogadoras de Aida Cortegoso (e a pesar de que 4 das súas xogadoras habituais estaban no Pombal xogando coas cadetes ) saíron a gañar e así foi, venceron 3-0 ao Dompa de Ourense. Xogaron Celia, Rita, Iria, Claudia, Carmen, Marta, María e Sandra.



No Pombal dende as 10:30 estábase a desputar a competición máis importante para o clube desta xornada, pois xogabamonos, nada máis nin nada menos có pase á segunda fase da liga galega cadete.
E comezaron con bo pé as pupilas de Mariel Oubiña pois en apenas 45 min. desfixéronse das ourensás. O malo estaba por chegar xa que no seguinte encontro enfrontabamonos ás calasanias da Coruña que se impuxeron dende o primeiro momento. Os constantes fallos tanto na recepción como no saque fixeron imposible a remontada das cambadesas. Unha verdadeira mágoa non aproveitar esta oportunidade pero non está todo perdido pois ó final da tempada aínda se poden desputar dúas prazas para xogar na galega o vindeiro ano.

Ánimo rapazas, que adestrando duro podemos acadalo!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario