jueves, 11 de febrero de 2010

Cruces de ascenso á Liga Galega Xuvenil Feminina














Unha vez confirmadas as clasificacións definitivas das Ligas Zonais Xuvenis Femininas e a renuncia do equipo de Carmelitas Vedruna, achégovos como quedan finalmente os cruces de ascenso á Liga Galega Xuvenil Feminina:

C.6. 5º clasificado grupo norte (CV Noia)
C.3. 2º clasificado grupo Norte (XAV Cambados)

C.7. 5º clasificado grupo norte (CD Conxo)
C.2. 1º clasificado grupo sur (Divina Pastora Ourense)

C.4. 4º clasificado grupo Norte (CD Dumbria)
C.5. 3º Clasificado grupo Norte (IES Ames)

C.8. Descansa
C.1. 1º Clasificado grupo norte (Xiria Asesoria Cervantes)

Os encontros de cuartos de final xogaranse mediante cruces de dobre
eliminatoria, nas datas do 27-28 de febreiro e o 6-7 de marzo, mentres que as semifinais e a final xogaranse mediante formato de concentracion nun so dia (20-21 ou 27-28 de marzo, segundo as posibilidades das sedes organizadoras).

Os dous primeiros clasificados desta Fase Final serán os que xoguen no mes de abril a promocion de ascenso-descenso contra os dous equipos clasificados nas derradeiras posicións da Liga Galega.

No hay comentarios:

Publicar un comentario