lunes, 8 de marzo de 2010

06-07/03/2010

2ª DIVISION B FEMININA
Fase Autonómica


Voleibol Maniotas 1 - 3 ** XAV Cambados 10-25/25-22/24-26/16-25


XAV Cambados 3 - 1 ** CV Brétema 25-12/25-21/25-27/25-19

Remataron a competición cunha traxectoria inmaculada: todo victorias e en catorce partidos perderon só tres sets. A próxima temporada verémolas na Segunda A.
O sábado pola tarde xogaron en Cangas con sete xogadoras contadas e gñáronlle as Maniotas; o domingo ó mediodía xogaron de novo en Cambados e volveron a resolver o partido.
Parabéns a Mariel Oubiña (capitá), Raquel Oubiña, Fátima Cortegoso, Gema Chazo, Susana Falcón, Lidia Gómez, Salomé Romero, Paula Rial, Rocío Vilas, Mayca López, e ás xuvenís Tania Charlín, Valentina Barreiro e a cadete Nicole Magariños que participaron nesta retafila de victorias.

Clasificación trala Xornada numero 14

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 XAV Cambados 14 14 0 0 42 3 1119 701 28
2 Emeve Lab. Nupel B 12 9 3 0 29 13 975 823 21
3 Voleibol Maniotas 13 7 6 0 26 19 982 947 20
4 Dodro Os Bacelos 13 7 6 0 27 23 1058 1034 20
5 CV Brétema 13 6 7 0 23 27 1054 1092 19
6 Bertamiráns Voleibol 13 6 6 1 21 27 927 1059 17
7 ARQO Rianxo 13 2 11 0 12 35 917 1078 15
8 CV Val do Dubra 13 1 12 0 5 38 747 1045 14

E agora sortearán a primeira eliminatoria da Copa de Galicia. Ánimo!

LIGA ZONAL XUVENIL FEMININA
Fase Autonómica
Grupo: Ascenso

CV Noia 0 - 3 ** XAV Cambados 17-25/17-25/20-25

Están nunha posición estupenda para pasar ronda. Non esperamos menos delas.

LIGA ZONAL CADETE FEMININA
2ª fase
Grupo: Pontevedra

Turismo de Vigo Caixanova B 0 - 3 ** XAV Cambados 9-25/9-25/4-25
XAV Cambados B 2 - 1 ** CV Dorrón 25-23/25-10/23-25


XAV Cambados 3 - 0 ** XAV Cambados B 25-17/25-10/25-22
CV Dorrón 1 - 2 ** Turismo de Vigo Caixanova B 17-25/24-26/25-23

Xa temos ó equipo A na cabeza da clasificación o que lles permitirá xogarse ó ascenso a Liga Galega tras gañar os dous partidos do sábado en Teis (xogan en sistema de concentración, convocan a catro equipos e xoganse catro partidos entre eles). O equipo B tamén lle gañou ás rapazas de Dorrón e sigue completando a súa preparación.

Clasificación trala Xornada numero 8

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 XAV Cambados 6 6 0 0 18 0 451 234 12
2 Comercial Durán 6 4 2 0 11 9 434 443 10
3 Turismo de Vigo Caixanova B 6 4 2 0 11 10 441 451 10
4 XAV Cambados B 6 2 4 0 8 14 427 480 8
5 CV Dorrón 8 0 8 0 6 21 508 653 8


ALEVIN MIXTO
Fase Zonal
Grupo: Pontevedra

Aínda non temos os resultados oficiais, as nosas alevíns xogaron cinco partidos de dez minutos o sábado en Vigo gañando catro deles e cedendo un por un punto. Desta maneira, seguen entre as primeiras da clasificación. Xogaron Azul Blanco, María Betanzos, Katia Oliveira e as benxamíns Cloe Troncoso, Andrea Gondar e Paula Romero.

No hay comentarios:

Publicar un comentario