martes, 17 de abril de 2012

Galicia: enorme campionato.




                                                            A selección galega infantil feminina, subcampiona de España
                                                         de seleccións autonómicas co seleccionador Rodolfo Lago.


Mellorando incluso o resultado do  pasado ano en Murcia, no que por primeira vez na historia o equipo cadete feminino se proclamou campión de España, e o resto dos equipos entraron entre os oito primeiros: as infantís obtiveron a cuarta praza da competición, e no apartado masculino, os cadetes foron sextos, e os infantís sétimos, as seleccións galegas infantís e cadetes masculinas e femininas obtiveron os mellores resultados da súa historia.

Tres dos catro equipos entraron en semifinais, sendo o resultados máis modesto o fantástico quinto posto da selección cadete masculina.  As infantís cairon derrotadas na final ante Cataluña, 17-25/25-23/25-23/25-16, nun reñido partido.

Cadete feminino e infantil masculino, cuarto posto. En conxunto, Galicia só foi superada por Cataluña e Andalucía, comunidades de amplia base deportiva e tradición neste deporte. Noraboa!

Toda a información aquí.









 

No hay comentarios:

Publicar un comentario