miércoles, 24 de octubre de 2012

4ª xornada RECIBIMOS Ó ZALAETA.

Tra-la terceira xornada, con dúas victorias e dúas derrotas en Pontevedra, afrontamos a cuarta ante un dos equipos tradicionalmente máis exitosos do voleibol galego, o Zalaeta de A Coruña, fundado en 1975.
O equipo feminino senior principal, Fisiomás Zalaeta, adestrado por Jorge Barrero  xoga  en Superliga 2, segunda división nacional e marcha invicto tras dúas xornadas.
O equipo senior de Segunda A, a maior liga a nivel galego, marcha de terceiro. Sufreu unha derrota na primeira xornada contra outro dos favoritos a Universidade da Coruña.As xuvenís son cuartas tamén con unha derrota en tres partidos. E as cadetes son líderes con tres victorias.
Os nosos equipos fixeron en conxunto un bo comenzo de liga  xa que levamos dúas victorias e unha derrota nos equipos xuvenil, cadete e infantil o que nos coloca na zona media alta da táboa. O equipo senior acadou unha victoria en tres xornadas.
Esta é a distribución horaria da cuarta xornada:

2ª DIVISION A FEMININA
28/10/2012
19:00
O Pombal

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA
   ZALAETA
 28/10/2012
17:30
O Pombal

LIGA GALEGA CADETE FEMININA
28/10/2012
16:00
O Pombal

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA
APRAZADO               01/11/2012

Este partido xogaráse o xoves 1 en Dumbría.
O estado de ánimo para esta xornada é excelente. Non temos nada que perder e se damos o mellor, a satisfacción sería completa.










1 comentario:

  1. Mucha suerte desde aqui! Que sepais que siempre leo el blog para enterarme de lo que pasa por ahi! JAJAJAJA Os echo mucho de menos! Besos :)

    ResponderEliminar