Houbo unha modificacion no calendario ao incluir a ultima hora aos equipos do colexio Coutada que nun principio tiñan problemas para asistir. Os horarios do autobús quedan como estaban.
Achégovos o cadro de encontros da Final provincial alevín e benxamín de Pontevedra que se celebrará o vindeiro sábado 23 de maio no Pavillón do Colexio 6 do Nadal de Vigo. Haberá alguns cambios na regulamentación como que os encontros xogaranse por tempo (15 min no caso dos alevíns e 12 min nos benxamins) e que estará limitado a 3 o número de saques seguidos que pode facer un mesmo xogador.
O autobús fará as seguintes paradas: - 09:00 Saída do concello de Cambados (equipos alevín e benxamín do XAV) - 09:15 Diante do Hotel La Terraza de Sanxenxo (recoller o equipo alevín do CV Dorrón) - 09:45 Diante da cafetería "O Cafetín" en Pontevedra (equipos alevín e benxamín do C. Durán) - 10:15 Chegada ao Colexio 6 do Nadal de Vigo
A Federación Galega de Voleibol decretou a suspensión da próxima xornada do segundo fin de semana de maio en recordo das compañeiras do CV EMEVE de Lugo. Con todo o cariño e o respecto, compartimos o sentemento da familia do voleibol galego.