Non perden nin un set e xa van cinco partidos. Costoulles un pouco arrancar no primeiro set, pero logo o partido foi a favor das nosas xogadoras. Xogaron Mariel Oubiña, Raquel Oubiña (líbero), Gema Chazo, Susana Falcón, Fátima Cortegoso, Paula Rial; as xuvenís Leticia Nogueira e Tania Charlín e a cadete Nicole Magariños.
Fixeron un partido bastante bo, diante dun rival sobrado. Ollo co Ribeira Sacra! Non podemos máis que felicitar a Aida Rey, Paula Serantes, Clara Fernández, Andrea Carbajal, Nicole Magariños, Fuensanta Buceta e ás infantís Mariña Durán, Lara Diz, Estela Vilanova e Bibiana Silva (líbero).
As infantís volveron perder contra o Ribeira Sacra. Non sei se foi o cansancio por ter que levantarse cedo ou o que foi, pero as infantís perderon sen loitar polo partido. Non puxeron moito da súa parte para gañar polo menos un set. Hai que desexarlles sorte no partido seguinte contra o Ourense en Cambados. Xogaron Sandra Moares, María Pomares, Estela Vilanova, Bibiana Silva, Mariña Durán, Marta Palacios, Carmen Rodríguez, Lara Diz, Iria Martínez e Celia Bao.
Excelente rendemento das cadetes B que gañaron os seus dous partidos en Portonovo. Xogaron Minerva Abal, Sara Prego, Cristina Prego, Margarita Barreiro, Zoe Cacabelos, Noelia Corbacho, Melina Costa, Mariña Padín, Marta Charlín, Alicia Serantes, Cristina Diz, Consuelo Alfonso, Lucía Oubiña e a capitá Ana Prado. Á espera do que poida pasar nos dous últimos partidos o 05/12 en Teis, encabezan a clasificación. Ben feito!
Cuarta victoria consecutiva, sen ceder un set, do equipo senior. Partido rápido e sen grandes dificultades; en tres cuartos de hora superaron ó Val do Dubra que opuxo esforzo e vontade. Xogaron Mariel Oubiña (capitá), Raquel Oubiña (líbero), Gema Chazo, Paula Rial, Salomé Lois, Fátima Cortegoso, Lidia Gómez e Nicole Magariños (cadete).
Nun partido longo e de marcador incerto, as xuvenís pasaron de perder 2-0 a empatar o encontro para finalmente sucumbir no quinto set. Participaron Tania Charlín (capitá), Ana Pombo (líbero), Leticia Nogueira, Andrea Carro, Isabel Lois, Nelly Vidal, Selemne Jorge, Sofía Fernández, Noa García e Valentina Barreiro.
Entre lesións e gripes só poideron acudir ó encontro cinco cadetes ás que axudaron catro infantís. Partido de grandes contrastes xa que a pesar de gañar o segundo set, o primeiro e o último caeron do lado vigués dunha maneira fácil. Necesitamos ese espíritu de loita dos segundo e terceiro set para próximas xornadas. Xogaron Paula Serantes (capitá), Nicole Magariños, Fuensanta Bugallo, Clara Fernández, Aida Rey e as infantís Bibiana Silva (líbero), Estela Vilanova, Lara Diz e Mariña Durán.
O partido peor xogado das infantís no que levamos de temporada. As infantís non xogaron co seu bó xogo ao que nos teñen acostumados ata os últimos puntos do encontro. Os seus saques puideronlle xogar unha pala pasada ao equipo de Aida Cortegoso. Aínda que gañaron, agardamos mellor xogo das infantís este domingo ás 11:30 en Monforte contra a Pinguela. Neste partido xogaron: Bibiana Silva (capitá), Estela Vilanova, Celia Bao, Mariña Durán, Claudia Cores, Carmen Cortegoso,Lara Diz, Marta Palacios, Iria Martinez. Na bancada quedaron: Sandra Moares e María Pomares.
As cadetes B venceron nun partido moi apretado contra o Comercial Durán. Xogaron Minerva Abal (número 1), Sara Prego (4), Cristina Prego (12), Margarita Barreiro (6), Zoe Cacabelos (3), Noelia Corbacho (16), Melina Costa (13), Mariña Padín (14), Marta Charlín (7), Alicia Serantes (9), Cristina Diz (10) e a capitá Ana Prado (11). No primeiro set gañaron con autoridade pero no segundo os nervios ou a desorganización xogáronlle unha mala pasada ás nosas xogadoras. O terceiro foi máis igualado pero caeu no lado do XAV. No cuarto, deixándose levar pola euforia, perderon de catorce puntos. No quinto set, as rapazas de Lidia Gómez resolveron cun axustado 15-13.
No segundo partido as cadetes B volveron a gañar. Foi outro partido moi emocionante. O primeiro set foi para as nosas cun resultado moi reñido. O segundo, en cambio, foi para as de Dorrón. No terceiro set, gañaron con suficiencia. O cuarto e pelexado set por parte dos dous equipos rematamos gañando nós. Participaron Sara, Ana, Margarita (capitá), Consuelo Alfonso por Mariña (14), Cristina, Minerva, Zoe, Noelia, Melina, Lucía Oubiña por Cristina (10), Marta e Alicia. Felicitamos ás cadetes B por estas dúas traballadas e merecidas victorias!!
Clasificación trala Xornada numero 2
1
Turismo de Vigo Caixanova B
2
2
0
0
6
0
150
96
4
2
XAV Cambados B
2
2
0
0
6
3
174
173
4
3
Comercial Durán
2
0
2
0
2
6
149
158
2
4
CV Dorrón
2
0
2
0
1
6
120
166
2
2ª DIVISIÓN B FEMENINA
Dodro Os Bacelos 0 - 3 XAV CAMBADOS 16-25/17-25/18-25
As nosas compañeiras sénior van primeiras con tres vitorias e sen perder un só set.
O pasado sábado o X.A.V. demostrou na cancha do Dodro que o seu obxectivo de acadar o ascenso sen perder un encontro non é unha utopía.
A pesar das baixas das dúas centrais Aida Cortegoso e Salomé Lois e, sobre todo, da súa líbero Raquel Oubiña, as xogadoras de 2ª saíron ó campo dispostas a non ceder e pelexar por unha nova vitoria. E así foi. Na aliñación inicial saltaron ó terreo de xogo Fátima Cortegoso (oposta), Paula Rial(receptora), Susi F.(central), Mariel Oubiña (colocadora), Lidia Gómez (receptora) e a xuvenil Tania Charlín (central) e gañaron o primeiro set sen maiores dificultades por un claro 16-25. O segundo foi un calco do primeiro no que apenas variou o resutado: 17-25. E, xa no terceiro, cun parcial de dous sets a cero o X.A.V. realizou algúns trocos e variou o seu xogo probando outras alternativas. Entraron neste set a receptora Gemma Chazo por Lidia G. e a xogadora cadete Nicole Magariños (central) por Tania Ch. O resultado final non puido ser mellor, un novo set gañado (18-25) e unha nova vitoria que leva ó equipo o liderato en solitario da 2ªB autonómica.
A vindeira xornada xogarán na casa contra o C.V. Val do Dubra, o partido será o domingo ás 12h no Pombal. Esperemos que poidan gañar o seu cuarto partido!!!
Clasificacións.
Foi un partido dominado polos erros dos dous equipos; sobre todo do equipo local o que lle permitíu ás coruñesas manter a estreitez no resultado. Excepto no terceiro onde sacamos un resultado claro, no resto do sets a igualdade foi a tónica. Cabe destacar que Tania Charlín, a capitá, foi quizás a mellor do encontro; acompañárona Ana Pombo (líbero), Belén Millán, Valentina Barreiro, Nelly Vidal, Sofía Fernández, Andrea Carro, Leticia Nogueira, Selemne Jorge e Isabel Lois.
Lideran a liga na segunda xornada e teñen un complicado desprazamento a Carballo este sábado.
Esperamos outra victoria!
CVO Divina Pastora 1 - 3 XAV CAMBADOS
(15-25) (19-25) (25-22) (17-25)
Pese as inxusticias do árbitro as cadetes gañaron.
No primeiro set o XAV sen duda foi superior. No segundo set tamén foron superiores aínda que con menos diferenza de puntos. No terceiro set é onde entrou o árbitro en xogo. As pelotas que as nosas xogadoras mandaban atrás que entraban no campo as pitaba para o conxunto ourensán igual ca as pelotas que tocaban no teito lanzadas polas de Ourense.Pero no cuarto set nin a axuda do árbitro puido coas nosas xogadoras que remataron o set cunha ventaxa de oito puntos.Case ao final do encontro o entrenador do CVO Divina Pastora queixouse ao árbitro porque as infantís e as cadetes que estaban fora do campo de xogo estaban animando ao XAV, sen duda é un mal perdedor e para rematar dixo que de maiores iban rematar sendo unhas incultas. Mariel e Paula as entrenadoras foronlle pedir explicacións ao entrenador e tamén ao árbitro (o cal é xogador de voleibol no CVO Divina Pastora). As xogadoras cadetes son un exemplo a seguir de como aínda que o árbitro vaia a favor do outro equipo se pode gañar. Xogaron: Andrea Carbajal (número: 5), Nicole Magariños (11), Fuen Buceta (8),Sara Baña(6), a capitana Paula Serantes (3) e as infantís Bibiana Silva(16) líbero, Estela Vilanova (12) e Mariña Durán (1). E na bancada: Mariña Charlín (2), Cristina Cores (9), Romina Molares(7) e Aida Rey(10).
Clasificación trala Xornada numero 3
EQUIPO
PJ
PG
PP
NP
JF
JC
TF
TC
PUNTOS
1
CV Ribeira Sacra
3
3
0
0
9
0
225
87
6
2
Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova A
3
2
1
0
6
3
191
167
5
3
XAV Cambados
3
1
2
0
3
7
167
226
4
4
CVO Divina Pastora
3
0
3
0
1
9
144
247
3
LIGA GALEGA INFANTIL GRUPO SUR
Escola San Martiño Ourense 0 - 3 XAV CAMBADOS
(7-25) (7-25) (17-25)
As infantís arrasaron cun rival que non deu moito xogo.
Os primeiros dous sets foron practicamente iguais, as nosas xogadoras tardaron 30 minutos en gañar os dous sets cun bó xogo. No último set as xogadoras empezaron un pouco desconcentradas o que levou a que as xogadoras do outro equipo tivesen máis puntos que nos ourtros dous sets. As xogadoras deste partido foron: Celia Bao(6),Claudia Cores(7), Lara Diz (10), Mariña Durán(18), Iria Martínez(9), Sandra Moares(10), Carmen Rodríguez(1) , Estela Vilanova (11), a capitana Bibiana Silva (5) e María Pomares(2). Quero felicitar especialmente a María porque foi o seu primeiro partido nesta temporada e se puxo nerviosa, ánimo María!
A seguir así rapazas!!
Estes son os horarios desta xornada que comezará co debut das cadetes B no pavillón do Cabanillas.
Este ano, como nas demais competicións, cambiou o sistema e xogaranse dous partidos por xornada seguindo o modelo de concentración, tanto na categoría de cadete coma na de infantil zonais. Deste xeito na mañá do sábado as nosas rapazas xogarán:
-Ás 10:30 na pista A contra o C.V. Comercial -Ás 12:00 na pista B contra o C.V. Dorrón
Esperamos vervos a tod@s por alí apoiando ó noso clube.
Pola tarde as nosas compañeiras do primeiro equipo terán que desprazarse ata a terra da súa adestradora e xogadora Paula Rial, pois ás 18:00h no Pavillón municipal de Dodro disputarán o seu terceiro partido para tratar de continuar coa súa imbatibilidade na liga. CONFIAMOS EN VÓS!!!!
Xa na sesión matutina do domingo xogarán o resto dos equipos. As xuvenís mediranse ó plantel do Volei Dumbría ás 11:30, na casa e diante da súa afección.
E os equipos Infantil e Cadete da Galega terán que desprazarse á Cidade das Burgas para enfrontarse ó C.I.P San Martiño e o C.O.V. Divina Pastora respectivamente.
Xa sabedes, toca madrugar, pois o bus sairá ás 7:00h da praza do Concello. Se alguén quere acompañarnos comentádenolo ós adestradores, e se non podedes vir a Ourense, xa sabedes que no insti estarán as xuvenís para dar o callo!!!