A selección galega infantil feminina, subcampiona de España
de seleccións autonómicas co seleccionador Rodolfo Lago.
Mellorando incluso o resultado do pasado ano en Murcia, no que por primeira vez na historia o
equipo cadete feminino se proclamou campión de España, e o resto dos
equipos entraron entre os oito primeiros: as infantís obtiveron a cuarta
praza da competición, e no apartado masculino, os cadetes foron sextos,
e os infantís sétimos, as seleccións galegas infantís e cadetes masculinas e femininas obtiveron os mellores resultados da súa historia.
Tres dos catro equipos entraron en semifinais, sendo o resultados máis modesto o fantástico quinto posto da selección cadete masculina. As infantís cairon derrotadas na final ante Cataluña, 17-25/25-23/25-23/25-16, nun reñido partido.
Cadete feminino e infantil masculino, cuarto posto. En conxunto, Galicia só foi superada por Cataluña e Andalucía, comunidades de amplia base deportiva e tradición neste deporte. Noraboa!
Toda a información aquí.