O
pasado fin de semana arrincou unha nova edición da Copa Galicia, que este ano,
ademáis, se actualiza reservando a súa denominación tradicional para os equipos
nacionais e incorporando dúas novas competicións: a Copa Federación para as
Segundas Divisións Autonómicas e Xuvenís e a Copa Promesas, para cadetes e
infantís.
Na mañá do
sábado pasado, celebrouse no Paco Paz a primeira xornada da Copa Federación feminina e o equipo local logrou impoñerse tras vencer os seus dous
partidos. Ao Caldaria Voleyourense ségueno
na clasificación provisional o CV Pontevedra e o CV Zalaeta, cun partido gañado
cada un. Tanto as coruñesas como as do Lérez, venceron ao XAV Cambados que marcha en cuarta posición. Este
fin domingo segue a competición
na cancha do PM Sagrada Familia de A Coruña.
O grupo A da Copa
Promesas celebrouse no Pavillón de Santa Cecilia en Narón, co Emevé como
gran triunfador tras superar ó noso equipo cadete XAV Cambados A,
segundo cunha vitoria e ao Narón Volea, que remataba en terceira posición.
Infantís en Boiro twitteada por C.V. Boiro |
No Pavillón
da Cachada en Boiro disputábase ao longo de toda a xornada, o Grupo C
da competición feminina, na
que o equipo local se impoñía, superando os tres partidos disputados. En
segunda posición deste apartado rematou a concentración o Caldaria Voleyourense
(con dúas vitorias), seguido do XAV
Cambados B (unha vitoria) e o CV Pontevedra B. Tanto o XAV como o
Pontevedra (equipos infantís) tiveron unha loita desigual contra equipos
cadetes que lles superaban en idade, poderío físico e técnico.
Os nosos dous
equipos quedaron encadrados no Grupo Verde
que se disputará o sábado á mañán no Pavillón da Pinguela en Monforte de Lemos.