martes, 27 de octubre de 2009

Horarios definitivos desta xornada

Aquí tedes os horarios definitivos desta xornada nas que as nosas xogadoras xuvenís se estrean na liga zonal!


Comezarán esta xornada elas ás 17:30h no pavillón do Cabanillas e mediranse co cadro noiés. Esperamos o máximo das nosas compañeiras e que comecen a competición cunha victoria.


Xa sabedes, rapazas, depende de vós!!!!


Na mañá do domingo disputaranse os partidos restantes:

Ás 11:00h. o equipo sénior tentará consolidarse na cabeceira da liga enfrontándose ó Emeve ( contamos cos ánimos de tod@s vós para poder acadar unha nova victoria.)

Deseguido ( 12:30h ) as infantís A veranse as caras co Ribeira Sacra, un dos rivais máis duros da competición. Confiamos en que as nosas peques nos dean outra satisfacción semellante a da pasada xornada.

E, para rematar (14:00h ), as cadetes tentarán acadar un resutado positivo tamén contra as monfortinas, un durísimo rival.


Ánimo a todas que PODEEEEEEEEEEEEEEEEEEMOS!


Lembrade que estades todas convocadas para facer a foto de grupo o domingo, pero antes, o sábado todas no Cabanillas para ver o debut das xuvenís!

Vémonos alí!!!

lunes, 26 de octubre de 2009

LIGAS ZONAIS CADETE E INFANTIL

_*Liga Zonal Cadete Feminina:*_
Grupo Noroeste: Sada, Noia e Xiria
Grupo Suroeste: XAV Cambados B, Dorron, Comercial Duran e Rianxo
Grupo Lugo Centro: EMEVE Anxel Fole, EMEVE As Mercedes, EMEVE In,
EMEVE Lucus Augusti, EMEVE Ollos Grandes, EMEVE Pepas, EMEVE Piringalla, CV Sarria.
Grupo Ourense-Val de Lemos: Escola Mun. Dompa Gestion, Col.
Guillelme Brown, Carmelitas Vedruna, CPI Lopez Suarez e Ferroviario.

_Liga Zonal Infantil Feminina:_
Grupo Noroeste: Liceo La Paz, Franciscanos, Calasancias B, Eusebio da Gurda, Cee.
Grupo Suroeste: XAV Cambados B, Comercial Durán, Bertamiráns, Conxo, Noia e Rianxo.
Grupo Lugo Centro: EMEVE Anxel Fole, EMEVE As Mercedes, EMEVE Lucus Augusti, EMEVE Ollos Grandes, EMEVE Piringalla.
Grupo Ourense-Val de Lemos: Divina Pastora Ourense, CV Lauro Olmo, CPI Lopez Suarez, Escolapios A, Escolapios B, Torre de Lemos Vollei e Ferroviario.



Aínda non temos o calendario pero pronto nolo enviará a Federación. A entrenar!

FOTO DO EQUIPO TEMPORADA 09/10

O domingo imos renovar a nosa imaxe. Todas vestidas coa nosa equipación para ver ás senior que xogan contra o EMEVE B ás once da mañá no Pombal. A foto será ao rematar o partido.

domingo, 25 de octubre de 2009

RESULTADOS 24/10

LOCAL RESUL. VISITANTE SETS
Bertamiráns Voleibol 0-3 XAV Cambados 11-25/12-25/21-25

Excelente debut das Senior contra un prometedor equipo con xóvenes xogadoras pero o resultado fala de por sí da contundencia da victoria. Xogaron Mariel Oubiña, Raquel Oubiña, Aida Cortegoso, Fátima Cortegoso, Susana Falcón, Lidia Gómez, Salomé Lois, Celestina Padín, Paula Rial e Tania Mondragón (xuvenil). O fin de semana que ven verémolas na casa contra un duro rival o EMEVE B de Lugo.
Resultados e clasificación.

LOCAL RESUL. VISITANTE SETS
Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova A 3-0 ** XAV Cambados 25-13/25-10/25-22
Lamentablemente as cadetes perderon contra o Teis. No primeiro e no segundo set as de Teis gañaron con autoridade. Aínda que no terceiro set as nosas xogadoras loitaron ata o final o Teis levouse o set. A semana que ven as cadetes xogan en casa contra o Ribeira Sacra A. Participaron Sara Baña, Fuen Buceta, Mariña Charlín, Cris Cores, Clara Fernández, Nicole Magariños, Romina Molares, Aida Rey e Paula Serantes (capitana) e as infantís Bibi Silva e Tuti Vilanova. Tamén queremos darlle especialmente ánimos ás lesionadas Iria Cochón e Aida Vidal.
Resultados e clasificación.

LOCAL RESUL. VISITANTE SETS
Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova 1-3 ** XAV Cambados A 24-26/9-25/25-21/11-25

Sairon á cancha Tuti Vilanova, Bibi Silva (capitana), Claudia Cores, Celia Bao, Mariña Durán e Carmen Cortegoso, que gañaron o primeiro set nun duro final. No segundo set, entraron Lara Diz por Claudia e Iria Martínez por Celia; gañaron con facilidade. No terceiro set, as novidades foron Sandra Moares, Rita González e Marta Palacios. Pese ós esforzos das rapazas de Teis, o noso equipo gañou con autoridade o cuarto set. O fin de semana que ven contra o Ribeira Sacra A hai que seguir mellorando.
Resultados e clasificacións.

martes, 20 de octubre de 2009

PARTIDOS 24/10



2ª DIVISION B FEMININA

LOCAL VISITANTE DATA HORA LUGAR
24/10/09 21:00 PM Bertamirans


LIGA GALEGA CADETE FEMININA

LOCAL VISITANTE DATA HORA LUGAR
24/10/09 14:00 P. Mun. de Teis


LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA


LOCAL VISITANTE DATA HORA LUGAR
24/10/09 12:30 Municipal de Teis

viernes, 9 de octubre de 2009

HORARIOS ENTRENOS


BENXAMÍN: Martes e Xoves de 16:00 a 17:30

ALEVÍN: Martes e Xoves de 16:00 a 17:30

INFANTIL A: Martes e Mércores de 18:30 a 20:00

INFANTIL B: Martes e Xoves de 18:00 a 19;30

CADETE A: Martes, Mércores, Xoves e Venres de 19:30 a 21:00

CADETE B: Mércores e Venres de 19:30 a 21:00

XUVENIL: Martes e Xoves de 19:30 a 21:00
Mércores e Venres de 20:30 a 22:00

SENIOR: Mércores e Venres de 21:30 a 23:00

sábado, 3 de octubre de 2009