jueves, 17 de junio de 2010

MARIÑA DURÁN RUBÍ Á SELECCIÓN NACIONAL


Temos a grata oportunidade de facervos saber que a xogadora do XAV Cambados Mariña Durán Rubí, á que vedes nas fotos, ven de ser seleccionada para o grupo de 16 xogadoras en idade infantil, trece anos, que participarán na concentración de verán organizada pola Real Federación Española de Voleibol dentro do seu Programa Nacional de Tecnificación Deportiva a celebrar en Soria do 9 ó 15 de xullo.
No Clube Voleibol XAV Cambados sentímonos tod@s felices e orgullosos de que Mariña teña esta grande oportunidade. Felicidades Mariña e felicidades a tódolas entrenadoras do clube!

martes, 11 de mayo de 2010

CURSIÑO DE ADESTRADORES - NIVEL I





O cursiño de adestradores de voleibol NIVEL I terá lugar en Cambados os días 15.16.17.22.23 de Maio e o horario será de 10 a 14 e de 16 a 20 horas. A sede do curso será o I.E.S. Francisco Asorey na rúa Os Caeiros, 25.
O plazo para formalizar a inscripción será o xoves 13 de Maio ás 20 horas, o modo de formalizar a mesma será mediante correo electrónico a correo@fgvb.es , adxuntanto o xustificante de pago da cuota de inscripción do curso correspondente, a lembrar 75€.

http://www.xavcambados.blogspot.com/
www.fgvb.es


Tfnos contacto: Mariel 648 089813 ou Suso 648 090795

lunes, 26 de abril de 2010

MISIÓN CUMPLIDA

As xogadoras cadetes do XAV Cambados lograron o obxectivo de meterse de novo entre os oito mellores equipos de Galicia que disputarán na nova temporada 2010-11 a Liga Galega Cadete.

Foi un camiño largo que pasou por ser primeiras, sen ninguha derrota, na Liga Zonal Cadete e acabou este domingo 25 na final zonal a catro disputada no Pavillón Municipal do Pombal.

Celebráronse as semifinais pola mañá. As dez e media deron comenzo os encontros, cun entretenido e disputado partido entre o Boiro e o IES Ames, que rematou co resultado
Boiro Voleibol 2 - 3 ** IES Ames (25-17/25-19/12-25/11-25/4-15). As rapazas de Ames levantaron un resultado que tiñan moi en contra, conseguindo chegar á final.

As doce e media xogaron as nosas contra as ourensás e dominaron de maneira rápida e convincente: XAV Cambados 3 - 0 ** Escola Municipal Ourense Dompa Gestion (25-9/25-14/25-9).

O longo día de voleibol continuou ás catro e media da tarde con terceiro e cuarto posto. Nun partido moi igualado, a Escola Municipal Ourense Dompa Gestion gañoulle 3 - 0 ó Boiro Voleibol (25-21/25-22/25-22).




Cun pouquiño de antelación ás seis e media, comenzou a final. A pesares da incertidume inicial polo resultado, as xogadoras de Mariel Oubiña tomaron nos tres sets o mando do partido cando se chegaba ó punto quince e ofrecéronnos unha victoria que nos deixou a todos cun moi bó sabor de boca: XAV Cambados 3 - 0 ** IES Ames (25-18/25-20/25-17).
Entre a alegría das cadetes, entregáronse os trofeos. Agradecémoslle o señor alcalde Luis Aragunde, que lle fixo entrega da copa á nosa capitana Paula Serantes, a súa presencia nos dous partidos do XAV Cambados.

Felicitamos a Mariel Oubiña e as súas deportistas: Paula Serantes (capitá), Bibiana Silva (líbero), Sara Baña, Fuensanta Bugallo, Zoe Cacabelos, Andrea Carbajal, Iria Cochón, Cristina Cores, Clara Fernández, Nicole Magariños, Romina Molares, Aida Rey, Aida Vidal, Claudia Cores, Mariña Durán, Rita González e Estela Vilanova. Os esforzos feitos durante toda a temporada nos entrenamentos deron o seu resultado.

lunes, 19 de abril de 2010

Resultados do fin de semana


TERCEIRAS DE GALICIA

Liga Galega Infantil
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA
2ª fase
Grupo: Cpto Galego
Play Off


O pasado sábado disputouse a final da Liga Infantil Feminina no Pavillón do Liceo La Paz de A Coruña. O equipo infantil do XAV Cambados obtivo un formidable terceiro posto que refrenda o traballo ben feito de toda a temporada.


O partido de semifinais, que daba unha praza para o Campionato de España, foi do máis reñido cun marcador moi apretado. O bo xogo das nosas xogadoras non foi suficiente para chegar á final, aínda que loitaron ata o último punto.
Logo pola tarde no partido de terceiro e cuarto posto, tardaron en poñerse en acción. Pero levantaron o partido e gañáronlle claramente ás rapazas do EMEVÉ de Lugo.


O Ribeira Sacra de Monforte impúsoxe no campionato pola simple razón de que son o mellor equipo de Galicia cun xogo preciso e coordinado. O Liceo La Paz será o segundo equipo que represente a Galicia no Campionato Nacional a celebrar en Asturias. Moita sorte para todas!


Dende o Clube só queremos felicitar ás infantís de Aida Cortegoso e, por suposto, á entrenadora e esperamos que en próximas temporadas nos sigan dando partidos de gran voleibol e entrega. Moitas felicidades!





SEMIFINAIS

Ribeira Sacra A - Emeve Laboratorios Nupel 3 - 0**
25-13/25-16/25-20

Liceo La Paz - XAV Cambados A 3 - 1**
25-23/25-18/21-25/25-17


TERCEIRO E CUARTO POSTO

Emeve Laboratorios Nupel - XAV Cambados A 1 - 3**
25-20/18-25/16-25/22-25



FINAL

Ribeira Sacra A - Liceo La Paz 3 - 0**
25-21/25-11/25-13

A foto de familia da final da Liga Galega Infantil.
















Copa Xunta Galicia
2ª DIVISION A FEMININA
1ª Fase
Grupo: Copa Galicia 2010
Play Off



XAV Cambados 1 - 3 ** Xacobeo 2010 Ribeira Sacra B 20-25/11-25/25-23/15-25

Pola súa parte, as senior recibiron tamén ó Ribeira Sacra B. Nun moi entretenido partido na mañá do domingo, disfrutamos de momentos espectaculares de xogo. Como no resto da temporada, xogaron ó seu mellor nivel ante un equipo superior pero non chegou para máis que facerlle un set. Esperamos á volta en Monforte para ver que pode pasar.

viernes, 16 de abril de 2010

COPA GALICIA

Nos Cuartos de Final da Copa Galicia, tocounos o Ribeira Sacra B que se desfixo de CV Ourense en cinco sets. O próximo domingo, ás doce, veremos as nosas senior no Pombal contra as monfortinas.

miércoles, 14 de abril de 2010

Partidos do fin de semana

LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA
Grupo: Cpto Galego
Play Off

Chegan os partidos definitivos da Liga Galega Infantil. En horario de mañá, xogaranse as semifinais no Pavillón do Liceo La Paz de A Coruña. En principio, as nosas xogadoras dispoñen dunha boa oportunidade de meterse na final da Liga Galega. Deberán para elo superar ó equipo anfitrión; esperamos loita contínua e determinación por parte das xogadoras de Aida Cortegoso.


Ribeira Sacra A - Emeve Laboratorios Nupel 17/04/2010 10:30

Liceo La Paz - XAV Cambados A 17/04/2010 12:30


A partires das cinco, o resto da competición. Esperamos chegar moi tarde.


Terceiro e cuarto posto 17/04/2010 17:00 Col. Liceo La Paz


FINAL 17/04/2010 19:00 Col. Liceo La Paz




Copa Xunta Galicia
2ª DIVISION A FEMININA
1ª Fase
Grupo: Copa Galicia 2010
Play Off

As senior deberán superar un rival que salirá do encontro a disputar en Monforte o xoves pola noite entre Ribeira Sacra B e o C.V. Ourense. Sendo favorito o Ourense, calquera dos dous seguro que encontrará unha forte oposición por parte das nosas xogadoras.



XAV Cambados - Sin Decidir 18/04/2010 12:00 O Pombal



O partido de volta de ascenso da Liga Galega Xuvenil contra o Comercial Durán queda aprazado ata nova data.

martes, 13 de abril de 2010

Mariña Durán coa Selección Galega

Aínda que a foto no é gran cousa, aí tendes a Mariña Durán co 12 coa Selección Galega Infantil, que ven de disputar o Campionato de España por Comunidades en Cáceres entre o 5 e o 11 de abril. Dende o XAV Cambados queremos mostrar a nosa satisfacción e orgullo pola excelente actuación de Mariña que foi titular en tódolos partidos na posición de central. Tamén estivo preseleccionada Lara Diz, que finalmente caeu do grupo de catorce xa que só se desprazaron doce xogadoras.
Finalmente quedaron en 11 posición, despois de perder coas Illas Baleares (2-3) o partido que daba acceso a disputa dos oito primeiros postos.
A competición foi dominada pola selección andaluza, que gañou infantís masculino e feminino e cadete feminino sendo segunda en cadete masculino. A selección galega quedou séptima en cadete masculino, sexta en cadete feminino, sexta outra vez en infantil masculino e o citado undécimo posto en infantil feminino.
Se queredes ver máis información con resultados e estadísticas pinchade aquí, ainda que a páxina é un pouco confusa.