sábado, 30 de enero de 2010

Resultados do fin de semana

RESULTADO DA LIGA ZONAL XUVENIL

XAV Cambados- CD Conxo 3-0 (25-23) (25-8) (25-22)

As xuveniles lograron vencer a un equipo que puxo dificultades. No primeiro set as locais remontaron un 18-22 en contra para convertelo nun 25-23. No segundo set venceron sen maiores atrancos. No terceiro confiáronse demasiado e foi máis igualado, pero remataron gañando as locais. Felicidades rapazas!
Remata esta primeira ronda ou fase regular da Liga co noso equipo en terceiro lugar empatado cos dous primeiros a puntos; o segundo criterio de clasificación son os sets perdidos, onde empatamos con Carballo pero quedamos terceiras pola diferencia dun set gañado.

Clasificación trala Xornada numero 10

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 IES Ames 10 8 2 0 25 9 734 644 18
2 Xiria Asesoria Cervantes 10 8 2 0 28 12 896 702 18
3 XAV Cambados 10 8 2 0 27 12 881 699 18
4 Voleibol Dumbria 10 2 8 0 14 24 767 829 12
5 CD Conxo 10 3 6 1 12 27 630 878 12
6 CV Noia 10 1 9 0 5 27 553 709 11



2ª DIVISION B FEMININA
Fase Autonómica

XAV Cambados 3 - 0 ** Dodro Os Bacelos 25-12/25-19/25-21




Emeve Lab. Nupel B 1 - 3 ** XAV Cambados 25-21/19-25/15-25/19-25



Dobre sesión de fin de semana e dobre triunfo. Dous partidos moi traballados; o sábado contra o bo equipo de Dodro, tiveron o mando sen que as rivais deran por perdido un punto nun partido que foi moi entretenido con longos tantos pola solidez das defensas.
Co EMEVÉ as nosas senior perderon o seu primeiro set na Liga; dez partidos, un só set en contra. Emocionante e disputado partido na mañá do domingo en Lugo. O apretado do marcador mostra as dificultades que tiveron, pero son os partidos que máis lles gusta xogar. Enhoraboa campionas!


Clasificación trala Xornada numero 10

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 XAV Cambados 10 10 0 0 30 1 771 467 20
2 Emeve Lab. Nupel B 10 7 3 0 23 11 782 682 17
3 Voleibol Maniotas 9 5 4 0 17 13 655 629 14
4 Dodro Os Bacelos 10 4 6 0 18 21 798 814 14
5 Bertamiráns Voleibol 9 4 5 0 14 20 642 753 13
6 CV Brétema 8 4 4 0 14 16 622 640 12
7 CV Val do Dubra 10 1 9 0 5 29 578 820 11
8 ARQO Rianxo 8 2 6 0 10 20 617 660 10


LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA
2ª fase

Emeve Laboratorios Nupel 1 - 3 ** XAV Cambados A 22-25/12-25/25-17/22-25


As infantís lograron a segunda victoria na segunda fase da Liga Galega que enfronta entre sí a dúas voltas, ós seis mellores equipos de Galicia.
O obxectivo é chegar o final da liguiña entre as catro primeiras para disputar a Fase Final. Esta será por sistema de concentración nun único día (semifinais pola mañá e final e 3º/4º posto
pola tarde).
O partido foi un pouco irregular. Despois de demostrar un clara superioridade nos dous primeiros sets, sobre todo no segundo, cederon o terceiro e tiveron que sufrir ata o final para levarse o partido. Ben feito!




Clasificación trala Xornada numero 3

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 Ribeira Sacra A 3 3 0 0 9 0 225 118 6
2 Liceo La Paz 3 2 1 0 6 4 216 188 5
3 XAV Cambados A 3 2 1 0 6 4 212 190 5
4 Calasancias Marineda Ageco 3 1 2 0 4 6 179 241 4
5 Emeve Laboratorios Nupel 3 1 2 0 4 7 217 244 4
6 CV Noia 3 0 3 0 1 9 181 249 3


LIGA ZONAL INFANTIL FEMININA
2ª fase

Comercial Durán 1 - 2 ** XAV Cambados B 25-21/22-25/10-25

Victoria así mesmo das infantís B en Vigo ante as pontevedresas. Por falta de tempo nas canchas, nesta competición úsase o sistema de tres sets xogados. Superaron 2 - 1 ó rival estando o noso equipo case en cadro pois só se puideron desprazar seis das catorce xogadoras.


Clasificación trala Xornada numero 4

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova 3 3 0 0 9 0 225 99 6
2 XAV Cambados B 2 1 1 0 2 4 99 132 3
3 Comercial Durán 3 0 3 0 1 8 128 221 3


ALEVIN MIXTO
Fase Zonal

Xogaron catro partidos e lograron a victoria en tres deles. Sabedes que se disputan por sistema de concentración, con xogos de tempo limitado. Os resultados non están actualizados, pero podedes ver os equipos participantes.

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 Laxeiro Turismo de Vigo - Caixanova 5 4 1 0 4 1 87 84 9
2 Dorrón 5 3 2 0 3 2 114 92 8
3 Escultor Acuña Turismo de Vigo Caixanova M 5 3 2 0 3 2 90 104 8
4 Xuvenil Teis - Caixanova 5 2 3 0 2 3 93 84 7
5 XAV Cambados 5 2 3 0 2 3 94 103 7
6 Comercial Durán - colegio calasancio 5 1 4 0 1 4 99 110 6
7 6 do Nadal Eijo Garay 0 0 0 0 0 0 0 0 0
8 Colexio Beade Coutada 0 0 0 0 0 0 0 0 0


BENXAMIN
Fase Zonal

Un resultado similar para as máis pequenas, tres gañados e un perdido. Tamén se desprazan a Teis e o sistema de competición é adaptado. Aquí tendes a tódolos equipos participantes.

1 Xuvenil Teis - Caixanova B 0 0 0 0 0 0 0 0 0
2 Dr Fleming Turismo de Vigo - Caixanova A 0 0 0 0 0 0 0 0 0
3 Dr. Fleming Turismo de Vigo - Caixanova B 0 0 0 0 0 0 0 0 0
4 Dr. Fleming Turismo de Vigo - Caixanova C 0 0 0 0 0 0 0 0 0
5 6 do Nadal Eijo Garay 0 0 0 0 0 0 0 0 0
6 Colexio Beade Coutada 0 0 0 0 0 0 0 0 0
7 XAV Cambados 0 0 0 0 0 0 0 0 0
8 Comercial Durán 0 0 0 0 0 0 0 0 0
9 Xuvenil Teis - Caixanova A 0 0 0 0 0 0 0 0 0
10 Calasancias Turismo de Vigo - Caixanova 0 0 0 0 0 0 0 0 0















1 comentario: