martes, 19 de enero de 2010

resultados fin de semana 16-17/01

LIGA GALEGA INFANTIL

XAV Cambados A 3-0 ** CV Noia 25-13/25-10/25-11

Comezaron ás infantís a segunda fase da Liga Galega Infantil, que poñerá en orde os seis mellores equipos de Galicia. Terán que loitar co Liceo La Paz de A Coruña, Calasancias tamén de A Coruña, Ribeira Sacra de Monforte, EMEVÉ de Lugo e o Clube Voleibol Noia.
A victoria sobre as rapazas de Noia foi clara. Xogaron Estela Vilanova, Mariña Durán, Bibiana Silva, Celia Bao, Claudia Cores, Iria Martínez, María Pomares, Rita González, Marta Palacios, Sandra Moares, Carmen Rodríguez e Lara Diz ... Esperamos o mellor das rapazas de Aida Cortegoso.
Este próximo fin de semana xogan con Liceo La Paz ás 12 da mañá do sábado.

LIGA ZONAL XUVENIL

XAV Cambados 3-2 ** Xiria Asesoria Cervantes 20-25/18-25/25-18/25-12/15-10

Sufrida e importantísima victoria da xuvenís que tuveron que remontar un 0-2 en contra para facerse cun partido que as coloca ó fronte da clasificación a falta de dúas xornadas para o fin da fase regular da liga e o comenzo dos cruces de ascenso á Liga Galega Xuvenil.
Tras dous sets onde case se levan o partido as xogadoras de Carballo, as nosas xuvenís deron o mellor se sí mesmas e foron paulatinamente dominando o xogo para gañar con comodidade o quinto e definitivo set. Bo traballo de Daniel Varela e as súas rapazas:
Quédalles un importante partido este fin de semana en Bertamiráns; de gañalo, serían case definitivamente primeiras de grupo. Confiamos en elas!

Clasificación trala Xornada numero 8

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 XAV Cambados 8 7 1 0 23 9 724 556 15
2 IES Ames 8 6 2 0 19 8 569 505 14
3 Xiria Asesoria Cervantes 8 6 2 0 22 11 723 567 14
4 Voleibol Dumbria 8 2 6 0 13 18 624 656 10
5 CD Conxo 8 2 5 1 9 22 471 708 9
6 CV Noia 8 1 7 0 3 21 409 528 9

No hay comentarios:

Publicar un comentario