miércoles, 3 de noviembre de 2010

PRIMEIRA XORNADA DE LIGA

LGIF XAV 3 - 0 Comercial Durán 25-9/28-26/25-18
Prometedor comenzo das infantís, a maioría delas debutantes na categoría. Sorprendéronnos cun primeiro set xogado con moito aplomo, machacando ás rivais pontevedresas. Tiveron algo de sorte para solventar o segundo set e o terceiro foi case coser e cantar. Ben feito!

LGCF XAV Descansa.
A última hora do xoves chegounos a nova da retirada do IES AMES da competición. O venres aclaráronnos que tamén había modificacións no calendario: o Liceo La Paz intercambia o calendario co retirado Ames de maneira que o XAV pasaba a comenzala Liga coa xornada de descanso (só quedan nove equipos). Debutan este fin de semana en Vigo.

LGXF XAV 3 - 0 Comercial Durán 25-15/25-16/25-16
O comenzo das xuvenís, con moitos reforzos do equipo cadete, foi tamén concluínte. As pontevedresas non tiveron a mínima oportunidade de facerse co partido. O guión foi o mesmo no tres sets; tras un comenzo igualado, á metade de set, as nosas xogadoras conseguiron enfiar varios turnos de bos saques seguidos de maneira que se destacaron sólidamente conseguindo unha valiosa victoria.


2ª A XAV 1 - 3 Comercial Durán 23-25/25-23/18-25/22-25
O marcador do partido reflexa unha tremenda igualdade no marcador excepto no terceiro set, onde as pontevedresas dominaron contundentemente. Cun pouquiño de sorte e máis precisión na recepción o resultado podería ser completamente distinto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario