miércoles, 23 de octubre de 2013

PÉSIMA XORNADA PARA O XAV CAMBADOS.



Foi esta unha xornada aciaga na que á parte do mal resultado deportivo temos que lamentar as numerosas lesións padecidas polas xogadoras dos equipos infantil e cadete.

O equipo sénior que nun primeiro momento semellaba que ía plantar cara ás do Lerez, sobre todo despois do visto na primeira xornada, saltou á pista frío e moi desconcentrado. Aínda que só contaba con tres baixas no primeiro equipo ( a receptora, Raquel O. e as dúas centrais Salomé L. e Susana F.) o equipo titular non foi modificado con respecto ó da semana pasada.
O triunfo pon á cabeza da liga ó C.V. Pontevedra que superou con autoridade ás cambadesas en tres sets (25-14,25-15,25-20).
O equipo cambadés saíu frío no primeiro set, e as locais comezaron a puntuar con facilidade debido ós numerosos erros en recepción e ataque . Esta foi a tónica do parcial inicial que rematou cun esclarecedor 25-14 no marcador.
No segundo set, as do XAV melloraron un pouco a recepción pero o ataque por zona catro non estaba sendo efectivo o que fixo que este volvera caer nas mans das do Lérez. Foi só no terceiro set cando o XAV comezou a meterse no partido mellorando a recepción e amosando un bo nivel defensivo, poñéndose por diante por primeira vez no luminoso. Despois de novo volveron os erros en recepción e a falta de ideas no ataque o que fixo que fose imposible para as de Cambados loitar polo partido (25-20).

Idéntico resultado obtiveron as xuvenís que caeron cun 3-0 coas de Pontevedra.
Numerosas ausencias no equipo Cambadés entre elas a da primeira colocadora puideron afectar no xogo do XAV que aínda que presentaba un cadro forte amosou pouco carácter e veu como o partido se lle escapaba das mans.( 25-16, 25- 17) nos dous primeiros sets e cando parecía espertar e mandar no marcador foi un pouco tarde e nada puideron facer contra un rival que a priori non era superior pero que dominou o partido ata o final.

As infantís e cadetes que inauguraron a xornada do sábado no Multiusos da Xunqueira caeron do mesmo xeito: 3-1. As pequenas que presentaban dúas baixas por lesión fixeron o que puideron diante dun equipo maduro no que todas as súas compoñentes son veteranas na competición que promete estar nos primeiros postos.

O das cadetes xa foi distinto, pois a pesar de ser todas xogadoras de primeiro ano non fixeron moito por gañar o partido e cometeron numerosos erros no saque e no ataque facetas onde máis calidades teñen e polo tanto máis fortes deberían amosarse. O máis lamentable da xornada foi a dobre lesión que se produciu nun choque pola defensa dun balón entre a xogadora oposta e a central  que se saldou cunha escordadura de pulso e polgar na primeira e un escordadura no dedo índice na segunda que tivo que ser substituída no mesmo momento.

O vindeiro sábado o XAV terá que medirse co Ellael de Vigo no Pombal e as categorías inferiores enfrontaranse na mañá do domingo a un dos clubes máis fortes de Galicia: O Pinguela de Monforte.

Ánimo e moita sorte!

No hay comentarios:

Publicar un comentario