SUSPENSIÓN XORNADA DEPORTES ESCOLAR POR MOR DO TEMPORAL
Fecha: 25/02/2010 | |
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender a programación dos Xogos Deportivos Escolares (XOGADE) que estaba prevista que se desenvolvese desde mañá, xoves, ata o domingo (ambos inclusive) debido á previsión de adversas condicións climatolóxicas. Esta decisión, tomada co obxectivo de evitar incidencias, inclué a todas as categorías cadetes, infantís, alevins e benxamins de toda Galicia incluidas ás ligas galegas. As novas datas de xogo previstas para os encontros desta xornada son as seguintes: - Ligas Galegas Cadetes e Infantís: 19 de marzo - Liga escolar zonal de Pontevedra: 13 de marzo (Teis) - Liga escolar zonal de Santiago-barbanza: 14 de marzo (Cee) - Liga escolar zonal de A Coruña: 19 de marzo (por determinar) - Ligas escolares zonais de Lugo e Ourense: Os equipos deberán poñerse en contacto co coordinador da súa zona que lles informará da nova data de xogo prevista para os encontros desta xornada. As competición xuvenís e senior desenvolveranse en principio con total normalidade, agás causas de forza maior debidamente acreditadas mediante informe da Garda Civil de Tráfico. FGVb |
No hay comentarios:
Publicar un comentario