miércoles, 7 de diciembre de 2011

MARIÑA DURÁN NA PRESELECCIÓN GALEGA CADETE.

Mariña Durán Rubí, a segunda rapaza pola esquerda no fondo, coas compañeiras do XAV Cambados-Porvaz da Liga Galega Cadete Femenina.


Este fin de semana pasado non houbo competición na Liga Galega Cadete Feminina. O 3 e 4 de decembro celebráronse as primeiras concentracións de fin de semana (ata o momento só se celebraron concentracións dun día) para as categorías cadete e infantil nas cidades de Noia e Lugo. Mariña Durán forma parte da preselección galega cadete que ten o difícil obxectivo de defender o campionato de España de seleccións autonómicas obtido o ano pasado en Murcia. Este fin de semana pasado entrenaron en Lugo.

Con estas concentracións de fin de semana iníciase xa a segunda fase de tecnificación na que se van perfilando e preparando as distintas seleccións galegas que participarán no vindeiro Campionato de España de Seleccciones Autonómicas das categorías infantil e cadete que terá lugar en Blanes e Lloret do Mar (Cataluña) do 9 ao 14 de abril de 2012.

Galicia participa cada ano con catro selecciones no torneo nacional: cadete e infantil masculina (dirixidas por Eloy Mahía e Diego Taboada respectivamente) e cadete e infantil feminina (con José Valle e Rodolfo Lago como seleccionadores autonómicos).

O obxectivo das nosas seleccións é acabar entre as oito mellores seleccións do país en todas as categorías, unha meta ambiciosa, que puido cumprirse na pasada edición do Campionato Nacional. O traballo coa base dos clubes e a FGVB viuse recompensado no torneo celebrado o pasado abril en Murcia. Por primeira vez na historia o equipo cadete feminino proclamouse campión de España, e o resto dos equipos entraron entre o oito primeiros: as infantís obtiveron a cuarta praza da competición, e no apartado masculino, os cadetes foron sextos, e os infantís sétimos.

Mariña xa foi titular, sendo infantil, na selección hai dous anos cando se disputou este mesmo campeonato na cidade extremeña de Cáceres. Desexamos que lle vaia igual de ben.

No hay comentarios:

Publicar un comentario