Foi esta unha xornada
aciaga na que á parte do mal resultado deportivo temos que lamentar
as numerosas lesións padecidas polas xogadoras dos equipos infantil
e cadete.
O equipo sénior que nun
primeiro momento semellaba que ía plantar cara ás do Lerez, sobre
todo despois do visto na primeira xornada, saltou á pista frío e
moi desconcentrado. Aínda que só contaba con tres baixas no
primeiro equipo ( a receptora, Raquel O. e as dúas centrais Salomé
L. e Susana F.) o equipo titular non foi modificado con respecto ó
da semana pasada.
O
triunfo pon á
cabeza da liga ó C.V.
Pontevedra que
superou con autoridade ás cambadesas en tres sets
(25-14,25-15,25-20).
O equipo
cambadés saíu frío no primeiro set, e as locais comezaron a
puntuar con facilidade debido ós numerosos erros en recepción e
ataque . Esta foi a tónica do parcial inicial que rematou cun
esclarecedor 25-14 no marcador.
No segundo
set, as do XAV melloraron un pouco a recepción pero o ataque
por zona catro non estaba sendo efectivo o que fixo que este volvera
caer nas mans das do Lérez. Foi só no terceiro set cando o XAV
comezou a meterse no partido mellorando a recepción e amosando un bo
nivel defensivo, poñéndose por diante por primeira vez no luminoso.
Despois de novo volveron os erros en recepción e a falta de ideas no
ataque o que fixo que fose imposible para as de Cambados loitar polo
partido (25-20).
Idéntico
resultado obtiveron as xuvenís que caeron cun 3-0 coas de
Pontevedra.
Numerosas
ausencias no equipo Cambadés entre elas a da primeira colocadora
puideron afectar no xogo do XAV que aínda que presentaba un cadro
forte amosou pouco carácter e veu como o partido se lle escapaba
das mans.( 25-16, 25- 17) nos dous primeiros sets e cando parecía
espertar e mandar no marcador foi un pouco tarde e nada puideron
facer contra un rival que a priori non era superior pero que dominou
o partido ata o final.
As infantís
e cadetes que inauguraron a xornada do sábado no Multiusos da
Xunqueira caeron do mesmo xeito: 3-1. As pequenas que presentaban
dúas baixas por lesión fixeron o que puideron diante dun equipo
maduro no que todas as súas compoñentes son veteranas na
competición que promete estar nos primeiros postos.
O das
cadetes xa foi distinto, pois a pesar de ser todas xogadoras de
primeiro ano non fixeron moito por gañar o partido e cometeron
numerosos erros no saque e no ataque facetas onde máis calidades
teñen e polo tanto máis fortes deberían amosarse. O máis
lamentable da xornada foi a dobre lesión que se produciu nun choque
pola defensa dun balón entre a xogadora oposta e a
central que se saldou cunha escordadura de pulso e polgar
na primeira e un escordadura no dedo índice na segunda que tivo que
ser substituída no mesmo momento.
O vindeiro
sábado o XAV terá que medirse co Ellael de Vigo no Pombal e as
categorías inferiores enfrontaranse na mañá do domingo a un dos
clubes máis fortes de Galicia: O Pinguela de Monforte.
Ánimo e
moita sorte!
No hay comentarios:
Publicar un comentario