Mal partido das infantiles ante un rival que aproveitou os errores das xogadoras do XAV.
As xogadoras de Aida Cortegoso comezaron mal o fin de semana con un dos peores partidos da temporada. No primeiro set onde as nosas xogadoras saeron demasiado confiadas comezaron: Lara Diz (nº8), Celia Bao (6), Mariña Durán (18), Carmen Rodríguez (1), Bibiana Silva (5 e capitá) e Estela Vilanova (11). Non xogaron practicamente nada neste primeiro set onde tiveron que chegar ata 28 para gañar. No segundo set a entrenadora decidiu deixar na bancada a Celia, Carmen e Lara, e por elas entraron: Iria Martínez (9), Marta Palacios (3) e Rita Gónzález (4). No segundo set gañamos grazas ao bó saque de Bibiana. No terceiro xogaron as mesmas do principio e, por fin, o fixeron tan ben como nos teñen acostumados. Houbo as ausencias da central Claudia Cores e da rematadora María Pomares.
Ribeira Sacra A 3 - 1 XAV Cambados A (25-18) (25-19) (22-25) (25-14)
Moi bó partido das rapazas as cales son as únicas que lograron meterlle un set ao campión da liga infantil. No primeiro set saíron: Lara Diz (nº13), Celia Bao (6), Mariña Durán (14), Carmen Rodríguez (3), Bibiana Silva (5 e capitá) e Estela Vilanova (7). Comezaron moi ben pero nun momento de descontrol perderon o set. No segundo set entraron as mesmas e coas mesmas ganas de gañar e voltaron a demostrar que melloraron, pero pasou o mesmo que no primeiro. No terceiro entraron outra vez as mesmas xogadoras e gañaron un set moi reñido. E no último set a euforia das xogadoras de Aida fixo que gañase moi fácil o Ribeira Sacra. Tamén xogaron Iria Martínez (1) e Sandra Moares (4). A xogar igual na próxima xornada!
Con estes resultados acadaron a participación na final a catro a disputar o 17 de abril entre os catro mellores equipos da Liga Galega Infantil. Os dous primeiros postos dan o dereito a competir no Campeonato de España.
Clasificación trala Xornada
EQUIPO
PJ
PG
PP
NP
JF
JC
TF
TC
PUNTOS
1
Ribeira Sacra A
10
10
0
0
30
1
776
480
20
2
Liceo La Paz
8
6
2
0
18
9
614
480
14
3
XAV Cambados A
8
5
3
0
16
10
570
497
13
4
Emeve Laboratorios Nupel
8
3
5
0
11
18
577
617
11
5
Calasancias Marineda Ageco
8
1
7
0
7
21
461
669
9
6
CV Noia
8
0
8
0
1
24
369
624
8
LIGA ZONAL XUVENIL FEMININA
Fase Autonómica
Grupo: Ascenso
Un partido moi bó e a semifinais contra o CVO Divina Pastora.
As xuveniles que comezaron no primeiro set foron: Sofía Fernández (4), Valentina Barreiro (7), Belén Acha (8), Tania Charlín (3) CAPITÁ, Isabel Lois (12) e Nicole Magariños (11) con Ana Pombo (16) como líbero. Entraron Fuensanta Buceta (18) e Selemne Jorge (5) ó longo do set, que se desenroulo con amplia superioridade e rematando cun claro 25- 14.
O mesmo se pode decir dos segundo e terceiros sets onde tamén participou Andrea Carro (13). Paulatinamente fóronse despegando do equipo de Noia ata acadar un 25-16 e un 25-15 nunha incontestable victoria que da paso ás semifinais que xogarán o próximo sábado 20 en Bertamiráns contra o Clube Voleibol Ourense. Boa sorte!
LIGA ZONAL INFANTIL FEMININA
2ª fase
Grupo: Pontevedra
Rematou a Liga Zonal cunha victoria e unha derrota. Perderon co equipo de Teis que domiñou a Liga con firmeza pero foron capaces de sobrepoñerse para rematar gañándolle ó equipo de Pontevedra por segunda vez. Noraboa!
Clasificación trala Xornada numero 6
EQUIPO
PJ
PG
PP
NP
JF
JC
TF
TC
PUNTOS
1
Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova
4
4
0
0
12
0
300
126
8
2
XAV Cambados B
4
2
2
0
4
8
200
275
6
3
Comercial Durán
4
0
4
0
2
10
196
295
4
BENXAMIN
Fase Zonal
Grupo: Pontevedra
Tamén xogaron as benxamíns que se encaramaron ó primeiro posto provisional da clasificación. Non dispoñemos dos resultados desta pasada xornada pero só se lles poden felicitar pola súa actuación. Ben feito!
Remataron a competición cunha traxectoria inmaculada: todo victorias e en catorce partidos perderon só tres sets. A próxima temporada verémolas na Segunda A. O sábado pola tarde xogaron en Cangas con sete xogadoras contadas e gñáronlle as Maniotas; o domingo ó mediodía xogaron de novo en Cambados e volveron a resolver o partido. Parabéns a Mariel Oubiña (capitá), Raquel Oubiña, Fátima Cortegoso, Gema Chazo, Susana Falcón, Lidia Gómez, Salomé Romero, Paula Rial, Rocío Vilas, Mayca López, e ás xuvenís Tania Charlín, Valentina Barreiro e a cadete Nicole Magariños que participaron nesta retafila de victorias.
Clasificación trala Xornada numero 14
EQUIPO
PJ
PG
PP
NP
JF
JC
TF
TC
PUNTOS
1
XAV Cambados
14
14
0
0
42
3
1119
701
28
2
Emeve Lab. Nupel B
12
9
3
0
29
13
975
823
21
3
Voleibol Maniotas
13
7
6
0
26
19
982
947
20
4
Dodro Os Bacelos
13
7
6
0
27
23
1058
1034
20
5
CV Brétema
13
6
7
0
23
27
1054
1092
19
6
Bertamiráns Voleibol
13
6
6
1
21
27
927
1059
17
7
ARQO Rianxo
13
2
11
0
12
35
917
1078
15
8
CV Val do Dubra
13
1
12
0
5
38
747
1045
14
E agora sortearán a primeira eliminatoria da Copa de Galicia. Ánimo!
LIGA ZONAL XUVENIL FEMININA Fase Autonómica Grupo: Ascenso
Xa temos ó equipo A na cabeza da clasificación o que lles permitirá xogarse ó ascenso a Liga Galega tras gañar os dous partidos do sábado en Teis (xogan en sistema de concentración, convocan a catro equipos e xoganse catro partidos entre eles). O equipo B tamén lle gañou ás rapazas de Dorrón e sigue completando a súa preparación.
Clasificación trala Xornada numero 8
EQUIPO
PJ
PG
PP
NP
JF
JC
TF
TC
PUNTOS
1
XAV Cambados
6
6
0
0
18
0
451
234
12
2
Comercial Durán
6
4
2
0
11
9
434
443
10
3
Turismo de Vigo Caixanova B
6
4
2
0
11
10
441
451
10
4
XAV Cambados B
6
2
4
0
8
14
427
480
8
5
CV Dorrón
8
0
8
0
6
21
508
653
8
ALEVIN MIXTO Fase Zonal Grupo: Pontevedra
Aínda non temos os resultados oficiais, as nosas alevíns xogaron cinco partidos de dez minutos o sábado en Vigo gañando catro deles e cedendo un por un punto. Desta maneira, seguen entre as primeiras da clasificación. Xogaron Azul Blanco, María Betanzos, Katia Oliveira e as benxamíns Cloe Troncoso, Andrea Gondar e Paula Romero.
Interesante encontro onde as infantís xogaranse o terceiro posto na Liga Galega contra o equipo do EMEVÉ de Lugo. Queda suspendido para o 18 ou 21 de marzo.
LIGA ZONAL XUVENIL FEMININA Fase Autonómica Grupo: Ascenso
Non menos disputado vai estar o partido de Xuvenís que visitan Noia coa confianza na victoria que as levaría a estar entre os catro primeiros equipos que disputen o ascenso a Liga Galega.
Nesta xornada tamén se disputarán o primeiro posto as nosas cadetes A contra Teis. As cadetes B tratarán de gañar os dous partidos para escalar posicións.
Ante as recomendación da Xunta de Galicia e dos distintos Estamentos por mor da alerta vermella polo temporal que afectará a nosa comuniade, a Federación Galega de Voleibol suspende tódalas competición de ámbito autonómico que dependen da mesma para os vindeiros días 27 e 28 de febreiro. Asimesmo recomenda a tódolos clubes galegos de categoría nacional que na medida do posible intenten aprazar os seus partidos para evitar males maiores. A Federación encargarase de comunicar a Federación Española de Voleibol estes aprazamentos e o motivo dos mesmos.
SUSPENSIÓN XORNADA DEPORTES ESCOLAR POR MOR DO TEMPORAL
Fecha: 25/02/2010
A Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia decidiu suspender a programación dos Xogos Deportivos Escolares (XOGADE) que estaba prevista que se desenvolvese desde mañá, xoves, ata o domingo (ambos inclusive) debido á previsión de adversas condicións climatolóxicas.
Esta decisión, tomada co obxectivo de evitar incidencias, inclué a todas as categorías cadetes, infantís, alevins e benxamins de toda Galicia incluidas ás ligas galegas.
As novas datas de xogo previstas para os encontros desta xornada son as seguintes:
- Ligas Galegas Cadetes e Infantís: 19 de marzo - Liga escolar zonal de Pontevedra: 13 de marzo (Teis) - Liga escolar zonal de Santiago-barbanza: 14 de marzo (Cee) - Liga escolar zonal de A Coruña: 19 de marzo (por determinar) - Ligas escolares zonais de Lugo e Ourense: Os equipos deberán poñerse en contacto co coordinador da súa zona que lles informará da nova data de xogo prevista para os encontros desta xornada.
As competición xuvenís e senior desenvolveranse en principio con total normalidade, agás causas de forza maior debidamente acreditadas mediante informe da Garda Civil de Tráfico.