jueves, 5 de noviembre de 2009

HORARIOS DESTA XORNADA

Estes son os horarios desta xornada que comezará co debut das cadetes B no pavillón do Cabanillas.

Este ano, como nas demais competicións, cambiou o sistema e xogaranse dous partidos por xornada seguindo o modelo de concentración, tanto na categoría de cadete coma na de infantil zonais.
Deste xeito na mañá do sábado as nosas rapazas xogarán:

-Ás 10:30 na pista A contra o C.V. Comercial
-Ás 12:00 na pista B contra o C.V. Dorrón

Esperamos vervos a tod@s por alí apoiando ó noso clube.

Pola tarde as nosas compañeiras do primeiro equipo terán que desprazarse ata a terra da súa adestradora e xogadora Paula Rial, pois ás 18:00h no Pavillón municipal de Dodro disputarán o seu terceiro partido para tratar de continuar coa súa imbatibilidade na liga. CONFIAMOS EN VÓS!!!!

Xa na sesión matutina do domingo xogarán o resto dos equipos.
As xuvenís mediranse ó plantel do Volei Dumbría ás 11:30, na casa e diante da súa afección.

E os equipos Infantil e Cadete da Galega terán que desprazarse á Cidade das Burgas para enfrontarse ó C.I.P San Martiño e o C.O.V. Divina Pastora respectivamente.

Xa sabedes, toca madrugar, pois o bus sairá ás 7:00h da praza do Concello. Se alguén quere acompañarnos comentádenolo ós adestradores, e se non podedes vir a Ourense, xa sabedes que no insti estarán as xuvenís para dar o callo!!!

A GAÑAR TODAS!!!!

1 comentario: