sábado, 7 de noviembre de 2009

resultados 07/08 nov SEIS PARTIDOS, SEIS VICTORIAS




LOCAL

RESUL.

VISITANTE

SETS
(25-9)(7-25)(25-17)
(11-25)(15-13)

XAV Cambados B

3-2

Comercial Durán




As cadetes B venceron nun partido moi apretado contra o Comercial Durán. Xogaron Minerva Abal (número 1), Sara Prego (4), Cristina Prego (12), Margarita Barreiro (6), Zoe Cacabelos (3), Noelia Corbacho (16), Melina Costa (13), Mariña Padín (14), Marta Charlín (7), Alicia Serantes (9), Cristina Diz (10) e a capitá Ana Prado (11). No primeiro set gañaron con autoridade pero no segundo os nervios ou a desorganización xogáronlle unha mala pasada ás nosas xogadoras. O terceiro foi máis igualado pero caeu no lado do XAV. No cuarto, deixándose levar pola euforia, perderon de catorce puntos. No quinto set, as rapazas de Lidia Gómez resolveron cun axustado 15-13.



LOCAL

RESUL.

VISITANTE

SETS
(23-25) (25-16) (15-25)
(21-25)

CV Dorrón

1-3

XAV Cambados B



No segundo partido as cadetes B volveron a gañar. Foi outro partido moi emocionante. O primeiro set foi para as nosas cun resultado moi reñido. O segundo, en cambio, foi para as de Dorrón. No terceiro set, gañaron con suficiencia. O cuarto e pelexado set por parte dos dous equipos rematamos gañando nós. Participaron Sara, Ana, Margarita (capitá), Consuelo Alfonso por Mariña (14), Cristina, Minerva, Zoe, Noelia, Melina, Lucía Oubiña por Cristina (10), Marta e Alicia. Felicitamos ás cadetes B por estas dúas traballadas e merecidas victorias!!

Clasificación trala Xornada numero 2

1Turismo de Vigo Caixanova B 2 2 0 0 6 0 150 96 4
2XAV Cambados B 2 2 0 0 6 3 174 173 4
3Comercial Durán 2 0 2 0 2 6 149 158 2
4CV Dorrón 2 0 2 0 1 6 120 166 2




2ª DIVISIÓN B FEMENINA

Dodro Os Bacelos 0 - 3 XAV CAMBADOS 16-25/17-25/18-25

As nosas compañeiras sénior van primeiras con tres vitorias e sen perder un só set.
O pasado sábado o X.A.V. demostrou na cancha do Dodro que o seu obxectivo de acadar o ascenso sen perder un encontro non é unha utopía.
A pesar das baixas das dúas centrais Aida Cortegoso e Salomé Lois e, sobre todo, da súa líbero Raquel Oubiña, as xogadoras de 2ª saíron ó campo dispostas a non ceder e pelexar por unha nova vitoria. E así foi. Na aliñación inicial saltaron ó terreo de xogo Fátima Cortegoso (oposta), Paula Rial(receptora), Susi F.(central), Mariel Oubiña (colocadora), Lidia Gómez (receptora) e a xuvenil Tania Charlín (central) e gañaron o primeiro set sen maiores dificultades por un claro 16-25. O segundo foi un calco do primeiro no que apenas variou o resutado: 17-25. E, xa no terceiro, cun parcial de dous sets a cero o X.A.V. realizou algúns trocos e variou o seu xogo probando outras alternativas. Entraron neste set a receptora Gemma Chazo por Lidia G. e a xogadora cadete Nicole Magariños (central) por Tania Ch. O resultado final non puido ser mellor, un novo set gañado (18-25) e unha nova vitoria que leva ó equipo o liderato en solitario da 2ªB autonómica.
A vindeira xornada xogarán na casa contra o C.V. Val do Dubra, o partido será o domingo ás 12h no Pombal. Esperemos que poidan gañar o seu cuarto partido!!!
Clasificacións.

Clasificación trala Xornada numero 3

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1XAV Cambados 3 3 0 0 9 0 225 144 6
2Dodro Os Bacelos 3 1 2 0 5 8 244 287 4
3CV Brétema 2 1 1 0 5 3 178 166 3
4ARQO Rianxo 2 1 1 0 3 3 140 104 3
5Emeve Lab. Nupel B 2 1 1 0 3 3 124 136 3
6Bertamiráns Voleibol 2 1 1 0 3 5 153 167 3
7CV Val do Dubra 3 0 3 0 0 9 126 225 3
8Voleibol Maniotas 1 1 0 0 3 0 75 36 2



LIGA ZONAL XUVENIL GRUPO NORTE

XAV CAMBADOS 3 - 2 Voleibol Dumbría 25-20/23-25/25-16/23-25/15-13

Foi un partido dominado polos erros dos dous equipos; sobre todo do equipo local o que lle permitíu ás coruñesas manter a estreitez no resultado. Excepto no terceiro onde sacamos un resultado claro, no resto do sets a igualdade foi a tónica. Cabe destacar que Tania Charlín, a capitá, foi quizás a mellor do encontro; acompañárona Ana Pombo (líbero), Belén Millán, Valentina Barreiro, Nelly Vidal, Sofía Fernández, Andrea Carro, Leticia Nogueira, Selemne Jorge e Isabel Lois.
Lideran a liga na segunda xornada e teñen un complicado desprazamento a Carballo este sábado.
Esperamos outra victoria!


Fotos XAV xuv - Noia


Clasificación trala Xornada numero 2

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1XAV Cambados 2 2 0 0 6 2 186 134 4
2Bertamirans Voleibol 2 2 0 0 6 2 190 148 4
3Asesoria Cervantes Xiria 2 1 1 0 5 5 211 205 3
4CD Conxo 2 1 1 0 5 5 194 216 3
5Voleibol Dumbria 2 0 2 0 4 6 203 214 2
6CV Noia 2 0 2 0 0 6 84 151 2



LIGA GALEGA CADETE GRUPO SUR

CVO Divina Pastora 1 - 3 XAV CAMBADOS
(15-25) (19-25) (25-22) (17-25)
Pese as inxusticias do árbitro as cadetes gañaron.
No primeiro set o XAV sen duda foi superior. No segundo set tamén foron superiores aínda que con menos diferenza de puntos. No terceiro set é onde entrou o árbitro en xogo. As pelotas que as nosas xogadoras mandaban atrás que entraban no campo as pitaba para o conxunto ourensán igual ca as pelotas que tocaban no teito lanzadas polas de Ourense.Pero no cuarto set nin a axuda do árbitro puido coas nosas xogadoras que remataron o set cunha ventaxa de oito puntos.Case ao final do encontro o entrenador do CVO Divina Pastora queixouse ao árbitro porque as infantís e as cadetes que estaban fora do campo de xogo estaban animando ao XAV, sen duda é un mal perdedor e para rematar dixo que de maiores iban rematar sendo unhas incultas. Mariel e Paula as entrenadoras foronlle pedir explicacións ao entrenador e tamén ao árbitro (o cal é xogador de voleibol no CVO Divina Pastora). As xogadoras cadetes son un exemplo a seguir de como aínda que o árbitro vaia a favor do outro equipo se pode gañar. Xogaron: Andrea Carbajal (número: 5), Nicole Magariños (11), Fuen Buceta (8),Sara Baña(6), a capitana Paula Serantes (3) e as infantís Bibiana Silva(16) líbero, Estela Vilanova (12) e Mariña Durán (1). E na bancada: Mariña Charlín (2), Cristina Cores (9), Romina Molares(7) e Aida Rey(10).

Clasificación trala Xornada numero 3

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1CV Ribeira Sacra 3 3 0 0 9 0 225 87 6
2Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova A 3 2 1 0 6 3 191 167 5
3XAV Cambados 3 1 2 0 3 7 167 226 4
4CVO Divina Pastora 3 0 3 0 1 9 144 247 3



LIGA GALEGA INFANTIL GRUPO SUR

Escola San Martiño Ourense 0 - 3 XAV CAMBADOS
(7-25) (7-25) (17-25)
As infantís arrasaron cun rival que non deu moito xogo.
Os primeiros dous sets foron practicamente iguais, as nosas xogadoras tardaron 30 minutos en gañar os dous sets cun bó xogo. No último set as xogadoras empezaron un pouco desconcentradas o que levou a que as xogadoras do outro equipo tivesen máis puntos que nos ourtros dous sets. As xogadoras deste partido foron: Celia Bao(6),Claudia Cores(7), Lara Diz (10), Mariña Durán(18), Iria Martínez(9), Sandra Moares(10), Carmen Rodríguez(1) , Estela Vilanova (11), a capitana Bibiana Silva (5) e María Pomares(2). Quero felicitar especialmente a María porque foi o seu primeiro partido nesta temporada e se puxo nerviosa, ánimo María!
A seguir así rapazas!!

Clasificación trala Xornada numero 3

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1XAV Cambados A 3 2 1 0 6 4 223 175 5
2Ribeira Sacra A 2 2 0 0 6 0 150 76 4
3Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova 2 0 2 0 1 6 94 172 2
4Escola CV San Martiño Ourense 1 0 1 0 0 3 31 75 1


3 comentarios:

  1. pedazo fotosss!!! :D
    enoraboa chicas!

    ResponderEliminar
  2. argggggg ¬¬
    xa me contaron sobre todo iso do arbitro....etc!
    e e incomprensible!
    como pode arbitrar un arbitro xogador dun dos equipos?¿?
    eso nn e moi xusto que se diga...psss
    pero ainda asi nn puideron con nos....
    a pesar de todo temos una forza de voluntade fora do comun eh jaja

    ResponderEliminar
  3. Oxala,se repitan mási semanas así, animo as xuvenís porque o poden facer mellor se queren. Se xogan como de verdade poden e saben non lles gana ningún equipo da súa categoría, e enoraboa os demáis conxuntos por gañar,inda que nos queiran pisar como no caso das cadetes, temos caracter.

    ResponderEliminar