lunes, 16 de noviembre de 2009

RESULTADOS 14/15 NOVEMBRO


2ª DIVISION B FEMININA

XAV Cambados 3

CV Val do Dubra 0
25-12 25-8 25-13


Cuarta victoria consecutiva, sen ceder un set, do equipo senior. Partido rápido e sen grandes dificultades; en tres cuartos de hora superaron ó Val do Dubra que opuxo esforzo e vontade. Xogaron Mariel Oubiña (capitá), Raquel Oubiña (líbero), Gema Chazo, Paula Rial, Salomé Lois, Fátima Cortegoso, Lidia Gómez e Nicole Magariños (cadete).

Clasificación trala Xornada numero 4

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 XAV Cambados 4 4 0 0 12 0 300 177 8
2 CV Brétema 3 2 1 0 8 4 276 248 5
3 ARQO Rianxo 3 2 1 0 6 5 244 194 5
4 Bertamiráns Voleibol 3 2 1 0 6 7 259 278 5
5 Dodro Os Bacelos 4 1 3 0 7 11 334 391 5
6 Emeve Lab. Nupel B 3 1 2 0 4 6 206 234 4
7 CV Val do Dubra 4 0 4 0 0 12 159 300 4
8 Voleibol Maniotas 2 1 1 0 5 3 186 142 3



LIGA ZONAL XUVENIL FEMININA

Grupo: Norte


Xiria Asesoria Cervantes 3-2 ** XAV Cambados
25-18/25-13/15-25/19-25/15-8

Nun partido longo e de marcador incerto, as xuvenís pasaron de perder 2-0 a empatar o encontro para finalmente sucumbir no quinto set. Participaron Tania Charlín (capitá), Ana Pombo (líbero), Leticia Nogueira, Andrea Carro, Isabel Lois, Nelly Vidal, Selemne Jorge, Sofía Fernández, Noa García e Valentina Barreiro.

Clasificación trala Xornada numero 3

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 IES Bertamirans Voleibol 3 3 0 0 9 2 265 199 6
2 XAV Cambados 3 2 1 0 8 5 275 233 5
3 Xiria Asesoria Cervantes 3 2 1 0 8 7 310 294 5
4 Voleibol Dumbria 3 1 2 0 7 6 278 253 4
5 CD Conxo 3 1 2 0 5 8 245 291 4
6 CV Noia 3 0 3 0 0 9 123 226 3



LIGA GALEGA CADETE FEMININA

XAV Cambados 1
- Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova A 3


9-25 29-27 14-25 6-25

Entre lesións e gripes só poideron acudir ó encontro cinco cadetes ás que axudaron catro infantís. Partido de grandes contrastes xa que a pesar de gañar o segundo set, o primeiro e o último caeron do lado vigués dunha maneira fácil. Necesitamos ese espíritu de loita dos segundo e terceiro set para próximas xornadas. Xogaron Paula Serantes (capitá), Nicole Magariños, Fuensanta Bugallo, Clara Fernández, Aida Rey e as infantís Bibiana Silva (líbero), Estela Vilanova, Lara Diz e Mariña Durán.

Clasificación trala Xornada numero 4

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 CV Ribeira Sacra 4 4 0 0 12 0 300 109 8
2 Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova A 4 3 1 0 9 4 293 225 7
3 XAV Cambados 4 1 3 0 4 10 225 328 5
4 CVO Divina Pastora 4 0 4 0 1 12 166 322 4



LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA


XAV Cambados A 3
- Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova 1


25-18 25-19 21-25 25-13

O partido peor xogado das infantís no que levamos de temporada. As infantís non xogaron co seu bó xogo ao que nos teñen acostumados ata os últimos puntos do encontro. Os seus saques puideronlle xogar unha pala pasada ao equipo de Aida Cortegoso. Aínda que gañaron, agardamos mellor xogo das infantís este domingo ás 11:30 en Monforte contra a Pinguela. Neste partido xogaron: Bibiana Silva (capitá), Estela Vilanova, Celia Bao, Mariña Durán, Claudia Cores, Carmen Cortegoso,Lara Diz, Marta Palacios, Iria Martinez. Na bancada quedaron: Sandra Moares e María Pomares.






Clasificación trala Xornada numero 4

EQUIPO PJ PG PP NP JF JC TF TC PUNTOS
1 Ribeira Sacra A 4 4 0 0 12 0 300 151 8
2 XAV Cambados A 4 3 1 0 9 5 319 250 7
3 Xuvenil Teis Turismo de Vigo Caixanova 3 0 3 0 2 9 169 268 3
4 Escola CV San Martiño Ourense 3 0 3 0 0 9 106 225 3

No hay comentarios:

Publicar un comentario