martes, 13 de abril de 2010

Mariña Durán coa Selección Galega

Aínda que a foto no é gran cousa, aí tendes a Mariña Durán co 12 coa Selección Galega Infantil, que ven de disputar o Campionato de España por Comunidades en Cáceres entre o 5 e o 11 de abril. Dende o XAV Cambados queremos mostrar a nosa satisfacción e orgullo pola excelente actuación de Mariña que foi titular en tódolos partidos na posición de central. Tamén estivo preseleccionada Lara Diz, que finalmente caeu do grupo de catorce xa que só se desprazaron doce xogadoras.
Finalmente quedaron en 11 posición, despois de perder coas Illas Baleares (2-3) o partido que daba acceso a disputa dos oito primeiros postos.
A competición foi dominada pola selección andaluza, que gañou infantís masculino e feminino e cadete feminino sendo segunda en cadete masculino. A selección galega quedou séptima en cadete masculino, sexta en cadete feminino, sexta outra vez en infantil masculino e o citado undécimo posto en infantil feminino.
Se queredes ver máis información con resultados e estadísticas pinchade aquí, ainda que a páxina é un pouco confusa.

1 comentario: