sábado, 3 de abril de 2010

Próximos partidos

Chegan os momentos culminantes, onde se xogan os obxectivos da temporada. É o momento das eliminatorias. Cada equipo ten o seu reto, ímolo ver por datas.

LIGA GALEGA XUVENIL FEMININA
Cruces de Promoción
Grupo: Ascenso-Descenso
Eliminatoria

Empezan as xuvenís co soño de ascender á Liga Galega. De novo, xogámonos a oportunidade coas pontevedresas. Elas foron as que o ano pasado nos gañaron esta mesma eliminatoria; por tanto, xa sabemos o difícil que poden resultar estes partidos ( 2-3 en Pontevedra ó noso favor, para caer en casa 1-3 ascendendo Comercial Durán). Confiamos en que este ano lle podamos dar a volta ó resultado.
A competición ata agora é moi boa. As rapazas de Dani Varela quedaron segundas na Liga Zonal e xa eliminaron a Noia e CV Ourense para chegar ata aquí. Por tanto, os dous últimos partidos do ano preséntanse co máximo de exixencia.

10/04/2010 12:30 O Pombal


17/04/2010








LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA
2ª fase
Grupo: Cpto Galego
Play Off

O reto do equipo infantil é distinto. Despois dunha campaña espectacular, remataron a Liga Regular en terceiro posto empatadas a puntos co Liceo La Paz. A mellora das infantís pódese ver no feito que só perderon nas dúas fases da Liga con dous equipos, o Ribeira Sacra e o Liceo. No caso das monfortinas, as rapazas de Aida Cortegoso foron o único equipo que lles gañou un set. Os partidos contra o Liceo acabaron cunha derrota 3-0 en A Coruña (25-14/25-19/25-12) pero cunha recente victoria agónica en Cambados 3-2 (25-14/8-25/25-22/24-26/15-7).
A emoción está servida porque estes dous equipos non só se xogan o acceso á final da Liga Galega, senon que tamén está en disputa unha praza do Campionato de España de Voleibol a celebrar en Asturias.

17/04/2010


Árbol de la competición

Semifinal
Ribeira Sacra A

Emeve Laboratorios Nupel



Liceo La Paz

XAV Cambados A
Final

Sin decidir





Sin decidir


LIGA ZONAL CADETE FEMININA
Cruces de Promoción
Grupo: Sede B - Cruces
Play Off

Despois de impoñerse na Liga Zonal de Pontevedra con pleno de victorias, as cadetes de Mariel Oubiña terán que derrotar ás ourensás e as gañadoras do Sarria - Ames para alcanzar a desexada praza na Liga Galega 2011.


25/04/2010


Árbol de la competición

Semifinal
XAV Cambados

Escola Municipal Ourense Dompa Gestion



Voleibol Sarria A

IES Ames
Final

Sin decidir





Sin decidir

2ª DIVISION A FEMININA
1ª Fase
Grupo: Copa Galicia 2010
Play Off

As senior acadaron a segunda ronda da Copa Galicia 2010, sendo o único equipo de Segunda B que foi quen de eliminar a un de Segunda A. Teremos que esperar ó fin de semana do 17 para saber quen serán as próximas rivais ou Ribeira Sacra B ou CV Ourense A.


Sin Decidir





ALEVIN MIXTO
Fase Zonal
Grupo: Pontevedra-completo
Liga Flexible

Rematou a competición regular das categorías inferiores. É unha liga regular bastante asimétrica, compútanselle a cada equipo os partidos disputados pero como vedes non todos xogaron o mesmo número deles. En todo caso, para nós o importante e que xogaran cantos máis mellor sendo a participación o principal nestas categorías.

Recordamos que a competición se disputa polo sistema de concentración (varios partidos no mesmo día) a tempo limitado, non a sets.

Rematarán este ano no Pavillón de Baltar de Portonovo onde se celebrará a concentración final o día 8 de maio.


Clasificación trala Xornada numero 9

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Escultor Acuña Turismo de Vigo Caixanova M 45 37 8 0 37 8 1050 698 82
2XAV Cambados 42 27 15 0 27 15 894 796 69
3Laxeiro Turismo de Vigo - Caixanova 42 19 23 0 19 23 776 801 61
4Colexio Beade Coutada A 37 15 22 0 15 22 681 821 52
5Dr. Fleming Turismo de Vigo - Caixanova 29 18 11 0 18 11 594 548 47
6C. Durán - Colegio Calasancio A 33 10 23 0 10 23 574 665 43
7Dorrón 27 14 13 0 14 13 535 518 41
8Colexio Coutada Beade B 26 7 19 0 7 19 443 583 33
9C. Durán - Colexio Calasancio B 13 5 8 0 5 8 217 263 18
10C. Duran - Xunqueira 13 4 9 0 4 9 254 269 17
11Calasancias Xuvenil Teis - Caixanova 7 1 6 0 1 6 97 153 8



BENXAMIN
Fase Zonal
Grupo: Pontevedra-completo
Liga Flexible


Clasificación trala Xornada numero 6

EQUIPOPJPGPPNPJFJCTFTCPUNTOS
1Colexio Beade Coutada 21 12 9 0 12 9 363 329 33
2Dr Fleming Turismo de Vigo - Caixanova 17 14 3 0 14 3 340 255 31
3XAV Cambados 19 11 8 0 11 8 309 331 30
4Xuvenil Teis - Caixanova 18 10 8 0 10 8 315 283 28
5C. Duran - Calasancias A 21 6 15 0 6 15 332 407 27
66 do Nadal Eijo Garay 21 5 16 0 5 16 325 369 26
7Comercial Durán 10 8 2 0 8 2 189 146 18
8C. Duran - Calasancias B 15 2 13 0 2 13 195 262 17
9Calasancias Turismo de Vigo - Caixanova 8 5 3 0 5 3 108 134 13
10Escultor Acuña Turismo de Vigo - Caixanova 6 5 1 0 5 1 129 89 11

No hay comentarios:

Publicar un comentario