lunes, 19 de abril de 2010

Resultados do fin de semana


TERCEIRAS DE GALICIA

Liga Galega Infantil
LIGA GALEGA INFANTIL FEMININA
2ª fase
Grupo: Cpto Galego
Play Off


O pasado sábado disputouse a final da Liga Infantil Feminina no Pavillón do Liceo La Paz de A Coruña. O equipo infantil do XAV Cambados obtivo un formidable terceiro posto que refrenda o traballo ben feito de toda a temporada.


O partido de semifinais, que daba unha praza para o Campionato de España, foi do máis reñido cun marcador moi apretado. O bo xogo das nosas xogadoras non foi suficiente para chegar á final, aínda que loitaron ata o último punto.
Logo pola tarde no partido de terceiro e cuarto posto, tardaron en poñerse en acción. Pero levantaron o partido e gañáronlle claramente ás rapazas do EMEVÉ de Lugo.


O Ribeira Sacra de Monforte impúsoxe no campionato pola simple razón de que son o mellor equipo de Galicia cun xogo preciso e coordinado. O Liceo La Paz será o segundo equipo que represente a Galicia no Campionato Nacional a celebrar en Asturias. Moita sorte para todas!


Dende o Clube só queremos felicitar ás infantís de Aida Cortegoso e, por suposto, á entrenadora e esperamos que en próximas temporadas nos sigan dando partidos de gran voleibol e entrega. Moitas felicidades!





SEMIFINAIS

Ribeira Sacra A - Emeve Laboratorios Nupel 3 - 0**
25-13/25-16/25-20

Liceo La Paz - XAV Cambados A 3 - 1**
25-23/25-18/21-25/25-17


TERCEIRO E CUARTO POSTO

Emeve Laboratorios Nupel - XAV Cambados A 1 - 3**
25-20/18-25/16-25/22-25



FINAL

Ribeira Sacra A - Liceo La Paz 3 - 0**
25-21/25-11/25-13

A foto de familia da final da Liga Galega Infantil.
















Copa Xunta Galicia
2ª DIVISION A FEMININA
1ª Fase
Grupo: Copa Galicia 2010
Play Off



XAV Cambados 1 - 3 ** Xacobeo 2010 Ribeira Sacra B 20-25/11-25/25-23/15-25

Pola súa parte, as senior recibiron tamén ó Ribeira Sacra B. Nun moi entretenido partido na mañá do domingo, disfrutamos de momentos espectaculares de xogo. Como no resto da temporada, xogaron ó seu mellor nivel ante un equipo superior pero non chegou para máis que facerlle un set. Esperamos á volta en Monforte para ver que pode pasar.

No hay comentarios:

Publicar un comentario