lunes, 26 de abril de 2010

MISIÓN CUMPLIDA

As xogadoras cadetes do XAV Cambados lograron o obxectivo de meterse de novo entre os oito mellores equipos de Galicia que disputarán na nova temporada 2010-11 a Liga Galega Cadete.

Foi un camiño largo que pasou por ser primeiras, sen ninguha derrota, na Liga Zonal Cadete e acabou este domingo 25 na final zonal a catro disputada no Pavillón Municipal do Pombal.

Celebráronse as semifinais pola mañá. As dez e media deron comenzo os encontros, cun entretenido e disputado partido entre o Boiro e o IES Ames, que rematou co resultado
Boiro Voleibol 2 - 3 ** IES Ames (25-17/25-19/12-25/11-25/4-15). As rapazas de Ames levantaron un resultado que tiñan moi en contra, conseguindo chegar á final.

As doce e media xogaron as nosas contra as ourensás e dominaron de maneira rápida e convincente: XAV Cambados 3 - 0 ** Escola Municipal Ourense Dompa Gestion (25-9/25-14/25-9).

O longo día de voleibol continuou ás catro e media da tarde con terceiro e cuarto posto. Nun partido moi igualado, a Escola Municipal Ourense Dompa Gestion gañoulle 3 - 0 ó Boiro Voleibol (25-21/25-22/25-22).




Cun pouquiño de antelación ás seis e media, comenzou a final. A pesares da incertidume inicial polo resultado, as xogadoras de Mariel Oubiña tomaron nos tres sets o mando do partido cando se chegaba ó punto quince e ofrecéronnos unha victoria que nos deixou a todos cun moi bó sabor de boca: XAV Cambados 3 - 0 ** IES Ames (25-18/25-20/25-17).
Entre a alegría das cadetes, entregáronse os trofeos. Agradecémoslle o señor alcalde Luis Aragunde, que lle fixo entrega da copa á nosa capitana Paula Serantes, a súa presencia nos dous partidos do XAV Cambados.

Felicitamos a Mariel Oubiña e as súas deportistas: Paula Serantes (capitá), Bibiana Silva (líbero), Sara Baña, Fuensanta Bugallo, Zoe Cacabelos, Andrea Carbajal, Iria Cochón, Cristina Cores, Clara Fernández, Nicole Magariños, Romina Molares, Aida Rey, Aida Vidal, Claudia Cores, Mariña Durán, Rita González e Estela Vilanova. Os esforzos feitos durante toda a temporada nos entrenamentos deron o seu resultado.

1 comentario:

  1. Olaa!! buenas!! queria saber para inscribirse en el equipo para iniciar porque nose aqui como se hace esque soy madrileña pero vivo en vigo y me encanta el voley ball porque en madrid tenia un equipo con el que estube 4 años y quiero seguir entrenandome y esque me gusta tanto que a ver si me podeis ayudar muchas gracias!!!bss

    ResponderEliminar