lunes, 12 de abril de 2010

Partido XAV-Comercial Durán



XAV Cambados 2 - 3 Comercial Durán (25-7/16-25/16-25/25-19/14-16)

Derrota pola mínima contra un rival ó noso alcance.
Xogouse o pasado sábado o partido de ida da eliminatoria de promoción á Liga Galega Xuvenil entre o XAV e o Comercial Durán de Pontevedra.
Comenzou o partido de maneira inesperada xa que as nosas xogadoras gañaron o primeiro set 25-7 nun abrir e cerrar de ollos. Pero xa sabiamos que non iba ser fácil, remontaron as pontevedresas impoñendose non dous seguintes sets por idéntico resultado 16-25, entre os nervios e a estupefacción das nosas. Xa moi exixidas, as xogadoras de Dani Varela tiveron a decisión e o acerto necesario para impoñerse no cuarto set despois de case media hora de xogo.
Empezou o quinto e definitivo set cun 0-3 do Comercial Durán que poñía o partido moi costa arriba. O XAV foi quen de igualar e incluso superar ó equipo pontevedrés ata chegar a un 13-10 co saque ó noso favor que nos acercaba moito á victoria. Nun final dramático, o Comercial Durán primeiro empatou a 14 para finalmente facerse cos dous puntos que lle faltaban. Un 14-16 final que fala moito do reñido que foi o partido.
Deixou este partido de loita pechada un mal sabor de boca entre as xuvenís porque saben que estando máis tranquilas e centradas e non errando tantísimos saques é posible a victoria. Este fin de semana en data por confirmar teñen a oportunidade de darlle a volta a eliminatoria en Pontevedra. Ánimo!

No hay comentarios:

Publicar un comentario